DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47192

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN848D).

Advertidos erros na Resolución do 29 de xuño de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do 12 de xullo de 2023, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 42850, no artigo 13.1.i), onde di:

«Tamén, como documentación complementaria, deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación das letras c), d), f), g) deste artigo».

Debe dicir:

«Tamén, como documentación complementaria, deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación das letras e), g) e h) deste artigo».

– Na páxina 42890, no punto 4 da Liña 2 do anexo I, onde di:

«4. Validación a través de pilotos de implementación de novos métodos organizacionais na organización das relacións cara ao exterior, entre elas.

5. Creación de departamentos/unidades de I+D+i:

a) Establecemento de relacións de cooperación e innovación aberta.

b) Redefinición das estratexias de comercialización e relación con clientes e provedores ou a apertura de novos mercados. Non se inclúen as actuacións relativas á comercialización que non poidan ser considerados pilotos de innovación.

6. Creación de departamentos/unidades de I+D+i:».

Debe dicir:

«4. Validación a través de pilotos de implementación de novos métodos organizativos na organización das relacións cara ao exterior, entre elas:

a) Establecemento de relacións de cooperación e innovación aberta.

b) Redefinición das estratexias de comercialización e relación con clientes e provedores ou a apertura de novos mercados. Non se inclúen as actuacións relativas á comercialización que non poidan ser consideradas pilotos de innovación.

5. Creación de departamentos/unidades de I+D+i».

– Na páxina 42902, na epígrafe «Documentación que se presenta ou xa presentada con anterioridade», onde di:

«Documentación complementaria das letras a, b, d e f do artigo 10.1 da convocatoria para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas».

Debe dicir:

«Documentación complementaria das letras e), g) e h) do artigo 13.3 da convocatoria para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas».