DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47194

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2023 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Axencia), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Mediante a Resolución do 21 decembro de 2022 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023) anunciouse a convocatoria de dúas prazas de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección de acordo co sinalado nos artigos 13 e seguintes da convocatoria, os órganos de selección elevaron á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor dos/das aspirantes seleccionados/as.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, as persoas que se indican no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Praza número 1.

Dominio ERC de Ciencias Sociais e Humanidades: Carlos Sebastian Villasante Larramendi (***7336**).

Bolsa ERC: Consolidator Grant.

Praza número 2.

Dominio ERC de Ciencias da Vida: Yolanda Prezado Alonso (***2639**).

Bolsa ERC: Consolidator Grant.