DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondente ao parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, no termo municipal de Covelo (Pontevedra), que promove Red Eléctrica de España (expediente IN407A 2013/112-4).

Feitos:

1. O 24.4.2013 Red Eléctrica de España, S.A.U. (en diante, REE ou promotor) presentou ante a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (en diante, Xefatura Territorial) a solicitude de autorización administrativa previa, de aprobación do proxecto de execución (actualmente, autorización administrativa de construción) e de declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondente ao parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2013/112-4.

Esta instalación forma parte dun proxecto global correspondente á interconexión norte con Portugal, promovido por REE, e que está conformado polas seguintes instalacións de transporte de enerxía eléctrica (8), segundo a competencia administrativa para a súa autorización:

• Instalacións de transporte primario, de competencia estatal (5):

– Parque de 400 kV da subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV.

– LAT 400 kV D/C Fontefría-fronteira portuguesa.

– Subestación de transporte de Beariz 400 kV.

– LAT 400 kV Beariz-Fontefría.

– LAT 400 kV E/S en Beariz da LAT 400 kV Cartelle-Mesón do Vento.

• Instalacións de transporte secundario, de competencia autonómica (3):

– Parque de 220 kV da subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV.

– LAT 220 kV Pazos-Fontefría.

– LAT 220 kV E/S en Fontefría da LAT 220 kV Pazos-Suído.

A dita solicitude acompañouse da preceptiva documentación técnica: proxecto de execución, separatas técnicas para as entidades afectadas, relación de bens e dereitos afectados (RBDA) e o estudo de impacto ambiental conxunto (EIA para o conxunto de instalacións que conforman o proxecto global da interconexión norte con Portugal).

Segundo consta no proxecto de execución presentado (titulado Nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, datado en marzo de 2013, asinado o 16.4.2013 polo enxeñeiro industrial Luis Cabezón López, colexiado nº 12.864 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid (COEIM), e visado por este colexio con nº 201300821 e data 16.4.2013), a nova subestación de Fontefría 400/220 kV estará conformada por un parque de 400 kV, un parque de 220 kV e un parque de transformación:

• Parque de 400 kV.

Adoptará unha configuración de interruptor e medio, en tecnoloxía AIS e disporá das seguintes rúas e posicións explanadas:

Rúa

Posicións

Nº de interruptores

2

L/ F. portuguesa 1-interruptor central-L/ Beariz 2

3

3

Pos. ATP1-interruptor central-L/ Beariz 1

3

4

L/ reserva-reserva interruptor central-reserva (fut. pos. ATP2)

0

Ademais, a instalación deseñarase con espazo para unha rúa máis futura (rúa 1), coa función de posibilitar un segundo circuíto de interconexión con Portugal e novos accesos á rede no caso de que sexa necesario.

• Parque de 220 kV.

O parque de 220 kV da subestación adoptará unha configuración de dobre barra con acoplamento, en tecnoloxía AIS e disporá das seguintes posicións explanadas:

Posicións

Nº de interruptores

Pos. 3

ATP1

1

Pos. 4

L/ Pazos de Borbén 2

1

Pos. 5

L/ Pazos de Borbén 1

1

Pos. 6

Reserva (futuro ATP2)

0

Pos. 7

Acoplamento

1

Pos. 8

L/ Suído

1

Pos. 9

Reserva

0

• Parque de transformación.

Instalarase un banco de transformación 400/220/33 kV, formado por un conxunto de tres autotransformadores monofásicos coas seguintes características: tensión do enrodelamento primario (kV: 400), tensión do enrodelamento secundario (kV: 220 ± 15 %), tensión do enrodelamento terciario (kV: 33-26,4-24), potencia nominal (MVA: 600) e configuración (banco autotransformadores monofásicos).

Ademais, a instalación deseñarase con espazo para un segundo banco de transformación (ATP2), coa función de aumentar a capacidade de transformación entre os parques de 400 e 220 kV, no caso de que sexa necesario.

2. O 10.6.2013 a Xefatura Territorial solicitou informe á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a respecto da referida instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica (parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV), en cumprimento do exixido no artigo 36.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (actualmente, artigo 35.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico) e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

A Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas emitiu informe favorable, que remitiu con data 25.9.2013, e no cal se conclúe o seguinte: «[...] Cabe destacar que a instalación obxecto do presente informe é necesaria para a futura interconexión con Portugal. Como consecuencia do anteriormente exposto, e visto o documento Planificación dos sectores de electricidade e gas 2008-2016, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 30 de maio de 2008, a Orde ITC/2906/2010, do 8 de novembro, pola que se aproba o programa anual de instalacións e actuacións de carácter excepcional das redes de transporte de enerxía eléctrica e gas natural e a Resolución do 27 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se aproba o programa anual de instalacións das redes de transporte (BOE nº 10, do 11 de xaneiro de 2013), esta dirección xeral emite informe favorable para os efectos previstos no artigo 36.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, respecto á instalación anteriormente sinalada».

3. O 28.6.2013 a Xefatura Territorial ditou a seguinte resolución de información pública: «Resolución do 28 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría (expediente IN407A 2013/112-4) e liñas aéreas de transporte Pazos-Fontefría e entrada e saída en Fontefría da LAT Pazos-Suído (expediente IN407A 2013/113-4) e o estudo de impacto ambiental conxunto para as citadas instalacións. Concellos afectados: Covelo e Pazos de Borbén».

Esta resolución publicouse no DOG nº 137, do 19.7.2013, no BOP nº 149, do 6.8.2013 e no xornal Faro de Vigo do 23.7.2013 e tamén estivo exposta (con acceso á documentación técnica) nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Covelo e Pazos de Borbén), da Xefatura Territorial e da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, a xefatura territorial efectuou as notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, ás persoas que figuran como titulares de parcelas afectadas na RBDA publicada.

Durante o período de información pública presentouse un escrito de alegacións, por parte do Concello de Covelo, relativo ao conxunto de instalacións de Fontefría (incluída a instalación do expediente IN407A 2013/112-4), do cal se deu traslado a REE, quen presentou a súa contestación a este. A continuación resúmense as alegacións feitas polo Concello de Covelo:

• Debería facerse unha avaliación ambiental conxunta cos parques eólicos existentes e proxectados para a zona.

• Informan sobre os hábitats e especies de interese comunitario afectados polo proxecto. Así mesmo, mostran a súa preocupación porque os terreos proxectados para a construción da subestación de Fontefría e as liñas de interconexión de entrada e saída de Fontefría á fronteira portuguesa son espazos declarados como áreas prioritarias para a avifauna.

• Consideran preocupante e dun alto grao de impacto ambiental a localización elixida para a construción da subestación no macizo de Fontefría, caracterizado polas súas turbeiras elevadas activas e pola riqueza do seu patrimonio histórico neolítico (dolmens), xacementos arqueolóxicos romanos e castrexos.

• Consideran preocupante o impacto que o proxecto pode ter sobre a economía local, advertindo das afeccións económicas: afeccións indirectas, como por exemplo a perda de calidade da paisaxe polo impacto visual, que agravará o problema de despoboación na zona, e afeccións directas, como por exemplo a limitación a novas opcións de desenvolvemento económico, como poden ser a restauración de vivendas no rural, turismo, rutas no medio rural, etc.

• A documentación achegada minusvalora os recursos naturais, patrimoniais e paisaxísticos do seu concello en favor da execución dos proxectos de xeración e transporte de enerxía eléctrica. Trátase dun concello que apostou polo desenvolvemento sostible e a concentración nel de máis parques eólicos, minusvalorando os referidos recursos, resulta altamente prexudicial para os intereses dos seus veciños e do conxunto do municipio.

• A modo de resumo, indican que un repaso sobre os valores de conservación natural e patrimonial que atesoura, por exemplo, o macizo de Fontefría, desaconsellaría a execución na zona dunha explotación industrial enerxética. Non obstante, e como probablemente a execución e posta en explotación das instalacións industriais de tendidos e subestacións de transformación primará sobre a protección do seu patrimonio natural e cultural, solicitan como criterio de mínimos:

«a) Implementación dun procedemento de avaliación ambiental estratéxica para o conxunto das infraestruturas industriais de produción enerxética que afectan o extremo sur da Dorsal Galega.

b) Seguimento exhaustivo en campo da localización dos postes e movemento de terras asociados ás liñas, por ser susceptibles de afectar especies e hábitats de conservación prioritaria e non correctamente identificados no estudo de impacto baseado na identificación meramente cartográfica das comunidades vexetais.

c) Traslado da subestación proxectada no macizo de Fontefría a un polígono industrial (p. ex.: polígonos industriais de Arbo) ou, na súa falta, unha ladeira do macizo de Fontefría, fóra do ámbito de protección de turbeiras e necrópole megalítica (campo de dolmens).

d) Protección estrita da turbeira de Pontepiñeiros mediante a reordenación da rede de pistas e cortafogos, dada a ampliación e sobredimensionamento de pistas para construír para a execución tanto do novo parque eólico como da subestación de Red Eléctrica.

e) Protección estrita da Necrópole Megalítica de Fontefría mediante o balizamento e sinalización exhaustiva dos túmulos durante a fase de execución dos traballos. Posta en valor deste xacemento arqueolóxico como medida compensatoria dun proxecto tan agresivo.

f) Seguimento exhaustivo e implementación de medidas correctoras dos impactos dos novos tendidos na avifauna, concretamente tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia cobreira europea (Circaetus gallicus) e bufo real (Bubo bubo)».

4. A principios de xullo de 2013 a Xefatura Territorial trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes a respecto do proxecto de execución da instalación do expediente IN407A 2013/112-4, ás seguintes entidades afectadas por ela: Servizo de Patrimonio Cultural, Servizo de Urbanismo, Servizo de Montes, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) e Concello de Covelo. Dos informes emitidos, cuxas conclusións se resumen a continuación, a Xefatura Territorial deu traslado a REE, quen presentou a súa conformidade con eles:

• Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, emitido o 24.10.2013, de carácter favorable pero exixindo a presentación por REE, para a súa autorización con carácter previo ao inicio das obras, dun proxecto de intervención arqueolóxica.

• Informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, emitido o 18.10.2013, do cal se desprende a necesidade de respectar os criterios orientativos fundamentais para a ordenación dos tendidos eléctricos recollidos na determinación 4.7.10 das Directrices de ordenación do territorio (Decreto 19/2011, do 10 de febreiro).

• Informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra, emitido o 7.7.2013, no cal se relacionan os montes veciñais en man común afectados (Petán, no concello da Cañiza, e Maceira, no concello de Covelo).

• Informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con rexistro de saída do 30.7.2013, recollendo o condicionado para ter en conta.

• Informe de AESA, emitido o 2.8.2013, no cal se indica que a construción proxectada non está afectada por ningunha das servidumes aeronáuticas civís establecidas, polo cal non existe inconveniente para a súa construción.

• Certificación da Secretaría-Interventora do Concello de Covelo, emitida o 7.10.2013, do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o 4.10.2013, que recolle o condicionado para ter en conta segundo o PXOM de Covelo.

Así mesmo, a respecto do EIA conxunto, a Xefatura Territorial solicitou informe ás seguintes entidades e deu traslado dos informes emitidos a REE, quen presentou as súas contestacións a eles:

• Concellos afectados da provincia de Pontevedra: A Cañiza, A Lama, As Neves, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Salvaterra de Miño.

• Concellos afectados da provincia de Ourense: A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, O Carballiño, O Irixo, Padrenda, Ribadavia e San Amaro.

• Entidades preceptivas: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, Secretaría Xeral para o Turismo, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Deputación Provincial de Ourense, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Subdirección Xeral de Medio Natural.

• Outras entidades afectadas: Puentengasa, S.L., Parque Eólico O Sobredo, S.L., Parque Eólico Chan do Eixo, S.L. e Alto da Telleira, S.L.

5. O 21.4.2014 a Xefatura Territorial, unha vez rematada a súa instrución, deu traslado do expediente IN407A 2013/112-4, así como da tramitación ambiental asociada ao EIA conxunto, á Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente, Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais), para os efectos de solicitar a formulación da declaración de impacto ambiental (DIA autonómica) e posteriormente resolver os expedientes. A Xefatura Territorial incorporou aos ditos expedientes as seguintes certificacións/informes:

• Certificación do seu Servizo de Enerxía e Minas, de data 16.4.2014, no cal se indica o seguinte: «[...] non hai dereitos mineiros existentes (exclúense os dereitos mineiros caducados) que poidan resultar afectados polos proxectos de 1) nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV [...]».

• Informe dos seus servizos técnicos, do 28.6.2013, no cal se informa de maneira favorable, no que atinxe aos requisitos técnicos e legais para a súa execución, o proxecto de execución da instalación eléctrica correspondente ao expediente IN407A 2013/112-4.

6. O 28.5.2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas deu traslado á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (en diante, órgano ambiental autonómico) da documentación integrante da tramitación ambiental asociada ao EIA (interconexión norte con Portugal), para os efectos da formulación da DIA dos tres proxectos de instalacións de transporte secundario de enerxía eléctrica, de competencia autonómica (expedientes IN407A 2013/112-4 e IN407A 2013/113-4).

O órgano ambiental autonómico emitiu, con data 9.6.2014, informe ao respecto en que conclúe o seguinte: «[...] os proxectos referidos non están comprendidos nos supostos do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos. Polo tanto, considérase que non procede formular declaración de impacto ambiental sobre eles. Non obstante, tendo en conta que os citados proxectos forman parte do eixe de interconexión España-Portugal norte, e que o resto de proxectos que forman parte do eixe están sendo sometidos a avaliación de impacto ambiental polo Estado, considérase que as medidas que se impoñan na futura declaración de impacto ambiental sexan tidas en conta, no que proceda, na execución dos proxectos de competencia autonómica».

7. O 26.4.2022 publicouse no BOE nº 99 a Resolución do 8.4.2022, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (en diante, órgano ambiental estatal), pola que se formulou declaración de impacto ambiental do proxecto de interconexión norte con Portugal (subestacións de Covelo e Beariz e liñas asociadas a 400 kV Fontefría-fronteira portuguesa).

Nesta DIA estatal recóllense unha serie de observacións, que se deberán atender con carácter previo á aprobación dos proxectos de competencia estatal. Non obstante, con base no disposto no informe do órgano ambiental autonómico de data 9.6.2014, estas observacións tamén son extensibles aos proxectos de competencia autonómica. En consecuencia, con data 27.5.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) cursou o correspondente requirimento de documentación a REE, para que atendese as referidas observacións, que se detallan a continuación (con indicación do epígrafe da DIA en que veñen recollidas):

• D.4 Paisaxe: os proxectos deberán integrar as medidas indicadas polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta de Galicia no seu informe do 24.9.2013, as cales estaban reflectidas no estudo de impacto e integración paisaxística; a actualización ambiental datada en 2021 remitirase ao IET e solicitarase a emisión do informe de impacto e integración paisaxística, cuxas consideracións, de ser o caso, pasarán a formar parte do proxecto; deberase elaborar un proxecto de revexetación e de restauración das zonas afectadas polas obras e accesos que non sexan necesarios durante a explotación das instalacións proxectadas.

• D.6 Patrimonio cultural: trasladarase o estudo documental de afección ao patrimonio cultural existente no ámbito do proxecto, de data novembro de 2021, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Cada unha das medidas establecidas no estudo de impacto ambiental, no resto de información facilitada polo promotor e nesta epígrafe, deberán estar definidas e orzadas nos proxectos ou nunha addenda a eles, previamente á súa aprobación.

• E.5 Xerais: o promotor remitiralle á DXPERN o Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA) definitivo (deberase especificar o seu cronograma e o seu plan de financiamento).

REE contestou ao dito requirimento, con datas 22.11.2022 e 7.3.2023, achegando a documentación xustificativa do cumprimento das referidas observacións para os proxectos de competencia autonómica. Entre esta documentación, está a seguinte addenda ao proxecto de execución (coa definición e orzamentación das medidas establecidas no EIA):

• Addenda ao proxecto de execución/nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, asinada o 3.3.2023 polo enxeñeiro industrial Luis Cabezón López (colexiado nº 12.864 do COEIM) e visado por este colexio con nº 201300821 e data 6.3.2023.

8. En canto á concorrencia da utilidade pública da subestación de Fontefría coas utilidades públicas doutros aproveitamentos, débese indicar o seguinte:

• Dereitos mineiros:

– Segundo certificación do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial, de data 16.4.2014, non hai dereitos mineiros afectados.

– Segundo nova certificación deste servizo, emitida o 29.12.2022 por petición da DXPERN, segue sen haber dereitos mineiros afectados.

• Montes veciñais en man común (MVMC):

– Segundo informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 7.7.2013, hai dous montes veciñais en man común (MVMC) afectados, Petán no concello da Cañiza e Maceira no concello de Covelo.

– O 27.5.2022 a DXPERN cursou requirimento a REE para que presentase a solicitude de compatibilidade/prevalencia da utilidade pública das infraestruturas eléctricas sobre os MVMC afectados, para os efectos de cumprir cos trámites establecidos no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– O 9.11.2022 REE contestou indicando que non procede realizar tal declaración de compatibilidade/prevalencia, facendo referencia a unha resolución do 18.12.2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, na cal se autoriza a localización da subestación en terreos pertencentes ás comunidades de MVMC, logo de obtención de acordo con elas. O texto literal desta resolución di: «Autorizar a ocupación de 63.334 m2 para a localización da subestación de Fontefría a 400/220 kV para a interconexión co norte de Portugal, en terreos pertencentes ás CMVMC de Petán (Cañiza) e Godóns e Maceira (Covelo), provincia de Pontevedra».

9. O 22.12.2022 a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ditou resolución pola cal se outorgou a REE a autorización administrativa previa para a subestación de transporte Beariz 400 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Beariz-Fontefría, a subestación de transporte Fontefría 400/220 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-fronteira portuguesa e a liña aérea de transporte a 400 kV entrada e saída en Beariz da liña Cartelle-Mesón do Vento, que forman parte do proxecto de Interconexión norte con Portugal, nas provincias de Ourense e Pontevedra (BOE nº 2, do 3.1.2023). A respecto da subestación de Fontefría 400/220 kV, resólvese o seguinte:

• Outorgar a REE autorización administrativa previa para a subestación de transporte Fontefría 400/220 kV, na provincia de Pontevedra, coas características definidas no proxecto de nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, datado en marzo de 2013.

• Autorizar a subestación de Fontefría 400/220 kV, no termo municipal de Covelo, na provincia de Pontevedra, coas características seguintes: parque 400 kV (tensión nominal: 400 kV; tecnoloxía: AIS; instalación: intemperie) e parque 220 kV (tensión nominal: 220 kV; tecnoloxía: AIS; instalación: intemperie; configuración: dobre barra con acoplamento).

10. O 12.6.2023 REE, co obxecto de adaptar o proxecto de execución ao disposto no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, presentou unha segunda addenda titulada Addenda ao proxecto de execución-Xustificación aplicación RD 337/2014/nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, parque 220 kV, asinada o 9.6.2023 polo enxeñeiro industrial David González Jouanneau (colexiado nº 11.729 do COEIM) e visado por este colexio con nº 201300821 e data 9.6.2023. Segundo o disposto nesta addenda:

• A adaptación do proxecto de execución ao RD 337/2014 exixiu soamente a realización dun estudo de campos electromagnéticos, incorporado na addenda, e non será preciso realizar ningunha modificación no deseño da subestación.

• En cumprimento do exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, declárase que o proxecto de execución cumpre con toda a normativa que lle é de aplicación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A DXPERN é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 15 de xuño), no artigo 28 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

3. A nova subestación de Fontefría 400/220 kV resulta vinculante para REE por estar programada nos seguintes documentos:

• Planificación dos sectores de electricidade e gas 2008-2016. Desenvolvemento das redes de transporte, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 30.5.2008, e redefinido mediante a Orde ITC/2906/2010, do 8 de novembro, pola que se aproba o Programa anual de instalacións e actuacións de carácter excepcional das redes de transporte de enerxía eléctrica e gas natural.

• Planificación enerxética. Plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica 2015-2020, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 16.10.2015 (BOE nº 254, do 23 de outubro).

• Plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 22.3.2022 (BOE nº 93, do 19 de abril).

4. Á vista do escrito de alegacións presentado polo Concello de Covelo, da contestación de REE a el e do resto de documentación que consta no expediente, débese indicar o seguinte:

• O órgano ambiental estatal formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto de interconexión norte con Portugal (no cal está integrado a nova subestación de Fontefría 400/220 kV) na que se establecen as condicións ambientais incluídas as medidas preventivas, correctoras e compensatorias, que resultan da avaliación ambiental practicada, nas cales se debe desenvolver o proxecto, para asegurar a axeitada protección do ambiente e os recursos naturais. Neste documento fixáronse unha serie de medidas adicionais como resposta ás alegacións e informes recibidos no procedemento e á análise técnica realizada polo órgano ambiental, no cal se analizaron os impactos significativos sobre os distintos elementos ambientais.

• As alegacións presentadas polo Concello de Covelo durante a información pública do expediente IN407A 2013/112-4, quen presentou tamén alegacións na información pública do procedemento de tramitación da DIA estatal, foron avaliadas neste documento.

De conformidade con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondente ao parque 220 kV da nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, no termo municipal de Covelo (Pontevedra), que promove REE.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para a citada instalación eléctrica, integrada no proxecto de execución denominado nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, asinado o 16.4.2013 polo enxeñeiro industrial Luis Cabezón López (colexiado nº 12.864 do COEIM) e visado por este colexio con nº 201300821 e data 16.4.2013, complementado coas dúas addendas seguintes:

• Addenda ao proxecto de execución/nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, asinada o 3.3.2023 polo enxeñeiro industrial Luis Cabezón López (colexiado nº 12.864 do COEIM) e visado por este colexio con nº 201300821 e data 6.3.2023.

• Addenda ao proxecto de execución-Xustificación aplicación RD 337/2014/nova subestación de transporte de Fontefría 400/220 kV, parque 220 kV, asinada o 9.6.2023 polo enxeñeiro industrial David González Jouanneau (colexiado nº 11.729 do COEIM) e visado por este colexio con nº 201300821 e data 9.6.2023.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución e as súas addendas, para o cal se outorga a autorización administrativa de construción.

2. A empresa promotora (REE) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento, se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberán comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

4. A empresa promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na DIA estatal do proxecto de interconexión norte con Portugal, formulada o 8.4.2022 polo órgano ambiental estatal, así como ás establecidas no correspondente Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, relativo ao contido da autorización do proxecto, resúmese a seguinte información contida na referida DIA:

• Conclusión sobre os efectos significativos do proxecto no ambiente: epígrafe C da DIA.

• Condicións ambientais establecidas e medidas previstas para prever, corrixir ou compensar os efectos adversos significativos no ambiente: epígrafe D da DIA.

• Descrición das características do proxecto: epígrafe A da DIA.

• Medidas de seguimento e órgano encargado del: epígrafe E da DIA.

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a Xefatura Territorial, quen deberá expedita tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

6. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

7. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

8. Esta resolución dítase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida instalación eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

9. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

10. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) pola instalación de transporte secundario
de enerxía eléctrica correspondente ao parque 220 kV da nova subestación de transporte
de Fontefría 400/220 kV, no termo municipal de Covelo (Pontevedra)

Parcela do proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Superficie da parcela (m2)

Ocupación de pleno dominio subestación (m2)

Ocupación de pleno dominio acceso (m2)

Natureza do terreo

Parque 220 kV

1

CMVMC de Maceira

36013A082000060000WR

82

6

421.967

17.138

0

Matogueira

2

CMVMC de Godóns

36013A082000070000WD

82

7

984.358

2.154

0

Matogueira, piñeiral madeirable, improdutivo

3

CMVMC de Godóns

36013A082090040000WI

82

9004

1.333

433

0

Vía de comunicación de dominio público

Concello de Covelo

Reposición de camiños para uso público

1

CMVMC de Maceira

36013A082000060000WR

82

6

421.967

1.047

0

Matogueira

2

CMVMC de Godóns

36013A082000070000WD

82

7

984.358

759

0

Matogueira, piñeiral madeirable, improdutivo