DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2023 pola que se aproba a Guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei, Ourense) e se integran cautelarmente na aldea modelo e se incorporan preventivamente ao Banco de Terras de Galicia determinadas parcelas.

En cumprimento do disposto no artigo 47 ter 8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción dada polo punto dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47 quater 3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución polo número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise pública a aprobación definitiva da Guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei, Ourense) e a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, mediante a Resolución do 12 de xullo de 2023 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, CVE W7IFRaZL1Rz2, verificable en https://sede.xunta.gal/cve.

Contra a citada resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En ambos os dous casos o prazo contará desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural