DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo da obra de protección da marxe dereita do río Valga ao seu paso por Valga. Valga (Pontevedra) (expediente AUG-2023-0008).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia, https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia, https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público, https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45246400-7 (Obras de protección contra inundacións).

4. Código/s NUTS do lugar principal de ES114 Valga (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de protección da marxe dereita do río Valga ao seu paso por Valga. Valga (Pontevedra). Referencia de expediente: AUG-2023-0008. Clave do proxecto: OH.436.1217.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 179.803,11 euros. Importe total: 217.561,76 euros.

8. Valor estimado do contrato: 179.803,11 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 3 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 4 de maio de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 4.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 25 de maio de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Construcciones Cernadas, S.L.

14.2. NIF: B15081847.

14.3. Enderezo: r/ Casais, nº 52, 15129 Vimianzo (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: direccion@construccionescernadas.com

14.6. Fax: 981 71 62 61.

14.7. Teléfono: 699 67 89 72.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 172.574,38 euros. Importe total: 208.815,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5, Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2, Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1, Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4, Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); Operación, Medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Ulla e río Sar-ES014-CP 05-02-11.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 20 de decembro de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 9 de maio de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 30 de maio de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 6 de xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia