DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG206.2016.1.31.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible efectuala, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente resolución notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselle á persoa interesada de que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución contra a que recorreu, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto á persoa interesada neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG206.2016.1.31

X7506420W

Programa Microcréditos-axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €. Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG nº 153, do 12 de agosto)

28.4.2023

Dirección Xeral do Igape

Resolución do expediente de incumprimento total