DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de xullo de 2023 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador dos expedientes 13-04-23-02 e 12-38-23-10.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 13-04-23-02

6101-LGC

Gardapeiraos

43201340A

Estacionamento prohibido.

29.8.2022; 13.55 horas; O Xufre-A Illa de Arousa

(Pontevedra)

Art. 131.t ) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-38-23-10

0194-GKR

PAFIF

44829673M

Estacionamento prohibido.

4.9.2022; 10.05 horas; Muros (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €