DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46063

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria determinada na Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para promotores públicos e privados distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

O 7 de febreiro de 2023 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de decembro 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para promotores públicos e privados distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

O ordinal terceiro desa resolución determina que as subvencións previstas para este programa se farán efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.81.451B.760.8 e 08.81.451B.770.8, polos seguintes importes:

Aplicación

Anualidade

Importe (en euros)

08.81.451B.760.8

2023

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

2025

900.000,00

2026

750.000,00

08.81.451B.770.8

2023

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

2025

900.000,00

2026

750.000,00

O punto 2 do mesmo ordinal determina que, de conformidade co establecido no artigo 67.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, o outorgamento destas subvencións queda supeditado á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da súa concesión.

Ademais, no punto 3 estipula que as contías establecidas nesta convocatoria poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS e terán efecto despois da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Ampliar a dotación orzamentaria de fondos con cargo aos créditos dispoñibles, para a anualidade 2024, en 2.687.500 euros para cada unha das aplicacións orzamentarias establecidas no ordinal terceiro da dita resolución, resultando o crédito total co seguinte detalle:

1. Na aplicación orzamentaria destinada a entidades locais:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Crédito inicial (en euros)

Crédito final (en euros)

08.81.451B.760.8

2023

1.500.000,00

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

3.737.500,00

2025

900.000,00

900.000,00

2026

750.000,00

750.000,00

Total

4.200.000,00

6.887.500,00

2. Na aplicación orzamentaria destinada a promotores privados:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Crédito inicial (en euros)

Crédito final (en euros)

08.81.451B.770.8

2023

1.500.000,00

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

3.737.500,00

2025

900.000,00

900.000,00

2026

750.000,00

750.000,00

Total

4.200.000,00

6.887.500,00

Esta ampliación non implica apertura dun novo prazo para presentar solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo