DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46065

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 17 de xullo de 2023 pola que se convocan os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de grao no curso 2023/2024.

BDNS (Identif.): 708695.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantado que inicia estudos de grao na Universidade de Vigo no curso 2023/2024.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é incentivar a cultura do mérito e da excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xullo de 2023 pola que se convocan os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de grao no curso 2023/2024.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e seis mil euros (36.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 18 de xullo ata o 29 de setembro de 2023.

Vigo, 17 de xullo de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade