DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Lugo.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, en cumprimento do establecido no parágrafo tres da Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infrestruturas (CMATI), do 29 de abril de 2011 (DOG núm. 94, do 16 de maio), de conformidade cos informes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do 10.4.2013 e do 28.2.2019, co informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) do 21.9.2022, e coa documentación xustificativa do cumprimento dos seus condicionantes, rexistrada de entrada con data do 20.3.2023 polo equipo redactor Epypsa, a parte do Proxecto de revisión do Plan xeral de ordenación municipal, relativa aos ámbitos e determinacións que non foron obxecto de aprobación na dita orde (artigo 60.16 da Lei do solo de Galicia).

Significar que a ordenación urbanística dos referidos ámbitos e determinacións que agora se aproba definitivamente está contida na súa integridade na documentación presentada polo equipo redactor neste concello, con data do 30 de marzo de 2023, denominada:

Plan xeral de ordenación municipal de Lugo.

Documento técnico completo para a aprobación definitiva relativa aos ámbitos e determinacións pendentes de aprobación polo parágrafo terceiro da parte dispositiva da Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas, do 29 de abril de 2011, de aprobación definitiva parcial.

(Acordos plenarios do 3.12.2012, 30.7.2020 e 23.6.2022 e Informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 21.9.2022).

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo, publicarase a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro deste proxecto á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar do proxecto aprobado definitivamente en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia; esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Elaborar, con posterioridade á realización dos anteriores trámites, un documento refundido comprensivo do proxecto aprobado pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infrestruturas (CMATI) do 29 de abril de 2011 (DOG núm. 94, do 16 de maio) e o documento agora aprobado definitivamente a que fai referencia o parágrafo primeiro deste acordo. Unha vez elaborado, será remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para o seu debido coñecemento e oportunos efectos.

Quinto. Contra este acordo de aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que xulguen conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse nas seguinte ligazóns:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/pxom-plan-xeral-de-ordenacion-municipal

https://concellodelugo.gal/es/actuaciones/pgom-plan-general-de-ordenacion-municipal

Lugo, 28 de xuño de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 5756/2023)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Sostibilidade
Urbana e Recursos Internos