DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de aprobación do texto inicial do convenio urbanístico para a execución do plan na rúa Concepción Arenal, 1 (expediente 405/2021).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria do 17 de xullo de 2023,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar inicialmente a addenda ao convenio urbanístico para a monetización do aproveitamento no soar sito na rúa Concepción Arenal, 1, referencia catastral 8893740NG1789S0001UP, asinado entre o Concello de Cangas e Residencial Playa Rodeira, S.L., titular do CIF B02791473, o 1.4.2022, transcrita no antecedente C do informe proposta.

Segundo. Notificar o acordo de aprobación inicial aos propietarios e titulares de dereitos que consten no Rexistro da Propiedade para os efectos de audiencia por un prazo dun mes. Os propoñentes do convenio deben achegar a relación de afectados precisa para cumprir o dito trámite.

O convenio, unha vez asinado, sométese ao trámite de información pública, por un período dun mes, de conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Tras a información pública, de non presentárense alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderanse definitivos sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno Local, e esta aprobación producirá a formalización acordada e plenos efectos xurídicos.

Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia, anotarase no Rexistro de Convenios e remitirase copia ao Arquivo de Convenios, de conformidade co previsto no artigo 403 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Cangas, www.concellodecangas.gal, e no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes. O artigo 3, número 3.d).7°, do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE núm. 67, do 17 de marzo), establece que «será preceptivo o informe xurídico do secretario na aprobación, modificación ou derrogación de convenios e instrumentos de planeamento e xestión urbanística». Respecto da emisión de informe do secretario, a mesma norma prevé no seu artigo 3, número 4, que «a emisión do informe do secretario poderá consistir nunha nota de conformidade en relación cos informes que fosen emitidos polos servizos do propio concello e que figuren como informe xurídico no expediente».

Para os efectos da emisión do informe da secretaria exixido polo artigo 3.3.d).7° do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, faise constar a conformidade da secretaria co informe proposta emitido pola técnica de Administración xeral que antecede.

Cangas, 18 de xullo de 2023

Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa