De conformidade co Real decreto 364/1995 e o artigo 62 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, fanse públicos os seguintes nomeamentos como funcionarios de carreira:
– Pablo Martín Fernández Castro toma posesión o 28 de marzo de 2023 como xefe de Área de Urbanismo e Medio Ambiente en virtude do Decreto de Alcaldía 991/2023.
– Miguel Fernández Temprano toma posesión o 8 de maio de 2023 como enxeñeiro técnico industrial en virtude do Decreto de Alcaldía 1443/2023.
– María Luisa García Espasandín, María Isabel Castro Cancelo e Cristina Souto González toman posesión o 16 de maio de 2023 como administrativas en virtude do Decreto de Alcaldía 1572/2023.
Arteixo, 19 de xuño de 2023
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente