DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/00101).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por resultar descoñecido o seu domicilio.

A resolución foi ditada pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 3 de xullo de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4 do Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Alcalde Varela
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte

Acto notificado

LU-2016/00101

5324942

Resolución de cancelación da inscrición