DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de outorgamento da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Riocobo número 5863, presentada por Sílices de Fuentes, S.L. e situada nos concellos de Vilalba e Xermade, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, presentados xunto coa solicitude de outorgamento da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Riocobo número 5863, presentada por Sílices de Fuentes, S.L. e situada nos termos municipais de Vilalba e Xermade, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 12 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo