DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Friol, concello de Friol (Lugo) (expediente 27_76/7DES_2022).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

MVMC Friol (expediente 27/76), pertencente aos veciños da parroquia de Friol, concello de Friol.

− O 3.11.2022 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade de Friol, de deslindamento parcial do seu monte con cinco parcelas de propiedade particular.

− De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 23.2.2023, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 7DES_2022. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Friol e na web da Consellería do Medio Rural.

− O 13.4.2023, a comunidade de Friol comunicou que non houbo alegacións e que se ratifican na proposta inicial. Sobre ela, o 23.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

− O 6.6.2023 tivo entrada a proposta definitiva, así como a documentación requirida no artigo 54.3.

− O 8.6.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Friol pasa a ter unha superficie de 173,76 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos acadados [...]. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento [...].

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 30 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file