DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Verducedo, Costa de Páramo e Costorias, parroquia de Saa, concello do Páramo (expediente 3DES_2020).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

Monte Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras, pertencente aos veciños da parroquia de Saa, no concello do Páramo.

− O 14.7.2020 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade de Saa, de deslindamento parcial do seu monte con propiedades particular.

− De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 11.9.2020, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento, e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 3DES_2020. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello do Páramo e na web da Consellería do Medio Rural.

− O 9.2.2023 tivo entrada a proposta de deslindamento tras a análise das alegacións recibidas. Sobre ela, o 15.2.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

− O 1.6.2023, a comunidade de Saa presentou a proposta definitiva coa documentación requirida no artigo 54.3.

− Tendo en conta o anterior, o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras pasa a ter unha superficie de 241,1 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos acadados [...]. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento [...].

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 30 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file