DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Férveda, no concello do Corgo (expediente 16_78/2DES_2020).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

O monte veciñal en man común (MVMC) Férveda (expediente 16/78), pertencente aos veciños dos lugares de Piñeiro, Coto, Rego da Silva, Reboredo e Vilacorbe, na parroquia de Santo Estevo de Folgosa, no concello do Corgo.

– O 14.7.2020 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade propietaria, de deslindamento do monte veciñal con propiedades particulares.

– De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 10.9.2020, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 2DES_2020. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello do Corgo e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 31.1.2023 a comunidade propietaria do monte, tras a consideración das alegacións recibidas, presentou unha proposta de deslindamento. Sobre ela, o 6.2.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

– O 5.5.2023 tivo entrada a proposta definitiva, ratificada pola comunidade na asemblea do 20.10.2021, xunto coa documentación requirida no procedemento.

– O 11.5.2023 o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións cartográficas e de medición que se producen como consecuencia do deslindamento. Tras o deslindamento, o MVMC Férveda pasa a ter 200,34 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados [...]. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento [...].

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 30 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file