Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: nuevo CT 7025 Vila_58 e liñas subterráneas de alta tensión de alimentación (OPA 1_82962).
Situación: concello de Barreiros.
Características técnicas:
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, entrada CT Viv. Sociais, con orixe nun empalme para realizar na arqueta existente A (do proxecto) e final nunha cela de liña do CT proxectado, cunha lonxitude de 260 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, entrada CT File, con orixe nunha cela do CT File e final nunha cela do CT proxectado, cunha lonxitude de 285 metros en condutor HEPRHZ1-240 mm.
– Centro de transformación prefabricado 7025 Vila 58, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Finalidade da instalación: nova subministración.
Orzamento: 142.412,66 euros.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello de Barreiros.
– Separata para a Consellería de Cultura.
– Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
– Separata para o Ministerio de Fomento.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, do Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de junio, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción da dita instalación, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 27 de xuño de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo