Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS, CT Cima de Vila.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio infórmase, ás persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Cima de Vila, no concello de Fornelos de Montes, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 22 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/241-4.

Entidade beneficiaria: Electrica de Moscoso, S.L.

Denominación da instalación: LMTS, CT Cima de Vila.

Concello: Fornelos de Montes.

Predio

Referencia catastral

Titular

Deposito prezo xusto

1

36019A001002030000ER

Descoñecido

2023/36/220