Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 8/77 e once máis).

Na sesión do día 14.6.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

― MVMC Os Boedos (expediente 8/77), pertencente aos veciños da parroquia de Illán, no concello de Begonte; e MVMC Pígara (expediente 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz.

O 26.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Guitiriz e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 23.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_132) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Os Boedos: 297,08 hectáreas.

– MVMC Pígara: 626,03 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Pol (expediente 46/73), pertencente aos veciños da parroquia de Pol, no concello de Monterroso; e MVMC Vacaloura e Fido (expediente 39/76), pertencente aos veciños da parroquia do Castro de Soengas, no concello de Portomarín.

O 27.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Portomarín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 27.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_141) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pol: 295 hectáreas.

– MVMC Vacaloura e Fido: 290 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

― MVMC Vilarnovo (expediente 9/81), pertencente aos veciños do lugar de Vilarnovo, na parroquia de Vilaquinte (Cervantes); e MVMC Penedo (expediente 135/78), pertencente aos veciños do lugar de Penedo, na parroquia de Vallo (Navia de Suarna).

O 27.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Navia de Suarna e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 29.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_148) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Vilarnovo: 124 hectáreas.

– MVMC Penedo: 289 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

― MVMC Savane (expediente 5/81), pertencente aos veciños do lugar de Savane, na parroquia de Quindous; e MVMC Bustelo (expediente 115/80), pertencente aos veciños do lugar de Bustelo, na parroquia do Castro, ambos os montes no concello de Cervantes.

O 27.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Cervantes e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_150) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Savane: 357 hectáreas.

– MVMC Bustelo: 135 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

― MVMC Coro (expediente 44/77), pertencente aos veciños do lugar de Coro, na parroquia de Rao; e MVMC Ventosa (expediente 89/77), pertencente aos veciños do lugar de Ventosa, na parroquia de Moia. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Navia de Suarna e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 5.5.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_153) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Coro: 500,4 hectáreas.

– MVMC Ventosa: 657,2 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

― MVMC Brancio e Candelos (expediente 15/81), pertencente aos veciños dos lugares Brancio e Candelos; e MVMC Ervellais (expediente 1/87), pertencente aos veciños do lugar de Ervellais, ambos na parroquia de San Martín de Arroxo, no concello da Fonsagrada.

O 30.9.2022 presentouse unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras o requirimento oportuno, achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 22.5.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_284) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Brancio e Candelos: 131,33 hectáreas.

– MVMC Ervellais: 15,88 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de xuño de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento por acordo entre CMVMC Illán e Pígara

missing image file

ANEXO II

Deslindamento por acordo entre CMVMC Pol e Castro de Soengas

missing image file

ANEXO III

Deslindamento por acordo entre CMVMC Vilarnovo e Penedo

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento por acordo entre CMVMC Savane e Bustelo

missing image file

ANEXO V

Deslindamento por acordo entre CMVMC Coro e Ventosa

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento por acordo entre CMVMC Brancio e Candelos e Ervellais

missing image file