Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 114/78 e dez máis).

Na sesión celebrada o día 14.6.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico Ó Raso (expediente 114/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ourol; MVMC Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (expediente 121/78), pertencente aos veciños da parroquia do Sisto; MVMC Carranco, Chao dos Nabás, Paiomouro, Seixo do Abertido, Moles Panda da Serra e Couteiro (expediente 118/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bravos. Todos no concello de Ourol.

O 20.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo pola comunidade de Ourol coa do Sisto e a de Bravos, en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes veciñais. Achegan actas de deslindamento, planos topográficos, actas de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 21.11.2022, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_85) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico Ó Raso: 597,75 ha.

− MVMC Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico Paredes e C. de Cebrán: 279 ha.

− MVMC Carranco, Chao dos Nabás, Paiomouro, Seixo do Abertido: 838,2 ha.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños do lugar de Froxán; MVMC Vilar (expediente 86/75), pertencente aos veciños do lugar de Vilar. Ambos montes están na parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel.

O 26.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 16.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_126) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Froxán: 879 hectáreas.

− MVMC Vilar: 317 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños do lugar de Froxán, na parroquia de Vilamor, concello de Folgoso do Courel; MVMC Mazo Santigoso (expediente 84/75), pertencente aos veciños de Mazo de Santigoso, da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso de Courel; e MVMC Peñido e Cazola (expediente 7/75), no concello da Pobra do Brollón, tamén pertencente aos veciños de Mazo de Santigoso.

O 26.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 17.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_127) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Froxán: 876 hectáreas.

− MVMC Mazo Santigoso: 197,04 hectáreas.

− MVMC Peñido e Cazola: 157,31 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños do lugar de Froxán, na parroquia de Vilamor, concello de Folgoso do Courel; MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor, concello de Quiroga.

O 27.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 20.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_165) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Froxán: 876 hectáreas.

− MVMC Vilar de Lor: 1.244 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor; MVMC Campa e Ferreiriños (expediente 122/75), pertencente aos veciños de Arxubín e Barxa, na parroquia do Hospital. Ambos montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 23.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_169) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Vilar de Lor: 1.246 hectáreas.

− MVMC Campa e Ferreiriños: 531 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor; MVMC Nocedo (expediente 29/73), pertencente aos veciños da parroquia de Nocedo. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.5.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_183) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Vilar de Lor: 1.255 hectáreas.

− MVMC Nocedo: 789,42 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Campa e Ferreiriños (expediente 122/75), pertencente aos veciños de Arxubín e Barxa; MVMC Campodola (expediente 107/75), pertencente aos veciños do lugar de Campodola. Ambos na parroquia do Hospital, no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 26.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_170) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

− MVMC Campa e Ferreiriños: 532 hectáreas.

− MVMC Campodola: 386 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de xuño de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento por acordo entre CMVMC Ourol, Sisto e Bravos

missing image file

ANEXO II

Deslindamento por acordo entre CMVMC Froxán e Vilar

missing image file

ANEXO III

Deslindamento por acordo entre CMVMC Froxán e Mazo Santigoso

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento por acordo entre CMVMC Froxán e Vilar de Lor

missing image file

ANEXO V

Deslindamento por acordo entre CMVMC Vilar de Lor e Arxubín e Barxa

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento por acordo entre CMVMC Vilar de Lor e Nocedo

missing image file

ANEXO VII

Deslindamento por acordo entre CMVMC Campa e Ferreiriños e Campodola

missing image file