Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolución de recurso de alzada en relación co proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra (rúa Polideportivo, nº 1, baixo, tlf. 886 15 94 52), das 9.00 ás 14.00, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

441/22

32820378E

Notificación de resolución de recurso

3050/21

32781922E

Notificación de resolución de recurso