Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/429-4).

Expediente: IN407A 2022/429-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite (36A582) por CTC.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 17 de outubro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite (36A582) por CTC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións nos lugares de Sabarís, Campos e A Devesa, na parroquia de Matamá, e A Telleira, Campiño, Pousa de Abaixo, na parroquia de Castrelos, no concello de Vigo (Pontevedra):

Retirada do centro de transformación Alvite (36A582) de 400 kVA.

Instalación dun centro de transformación de 630 kVA de potencia, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT.

Desmontaxe dos tramos da liña de media tensión aérea (LMTA): BAL7050004 en condutor LA-110; BAL7050014 en condutor LA-110; BAL7012749 en condutor LA-110, BAL7030174 en condutor LA-110; e BAL7030172 en condutor LA-56. Tamén se retira a LMTA BALYYY, sen servizo, en condutor LA-110, desde o apoio 9VTRM9TS//D31 ata o C-7000/20 proxectado. Desmóntanse un total de 5.562 metros de condutor LA-110, 387 metros de condutor LA-56, doce apoios de formigón e 6 apoios de celosía.

Instálanse 194 metros de liña de media tensión aérea e cinco apoios de tipo C-4500/14 (dous), C-3000/14 (un), C-1000/12 (un) e C-7000/20 (un).

Retírase 21 metros de liña de media tensión subterránea (LMTS) do tramo BAL7030173 en condutor RHZ1 e déixase sen servizo os tramos BAL7030175 e BAL7050019.

Instálase 2.224 metros de lonxitude dunha LMTS para soterrar a LMTA que se desmonta e alimenta o CS Vega (36CFX5) e o CT Alvite.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vigo.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 29 de decembro de 2022 esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Naqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2023 e do 16 de marzo de 2023, e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 6 de febreiro de 2023 e do 22 de marzo de 2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 29 de decembro de 2022, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 23 de xaneiro de 2023.

Xornal Faro de Vigo: 7 de febreiro de 2023.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo do 30 de decembro de 2022 ata o 13 de febreiro de 2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.

Durante o mencionado trámite, non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-110, de 194 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/14 e final no apoio proxectado C-1000/12.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en catro actuacións. A primeira actuación é de 524 metros, con orixe na LMTS existente BAL7030175 e final no centro de seccionamento (CS) Vega (36CFX5). A segunda é de 1.065 metros, con orixe na LMTS existente BAL7050019 e final no centro de transformación (CT) proxectado Alvite. A terceira de 613 metros ten orixe no centro de transformación proxectado Alvite e final no apoio proxectado C-7000/20. A cuarta de 22 metros ten orixe na LMTS existente BAL7012783 e final no apoio proxectado C-4500/14 .

Centro de transformación compacto a 630 kVA, situado nas parcelas con referencia catastral 54057A090001240000AU e 54057A090001260000AW.

A instalación está situada nas parroquias de Matamá e Castrelos, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite (36A582) por CTC (expediente IN407A 2022/429-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra