Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/358-4).

Expediente: IN407A 2022/358-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución LMTS TRO710 entre CD Clínica Fátima e CD Ramón Aller.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 14 de setembro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica Substitución LMTS TRO710 entre CD Clínica Fátima e CD Ramón Aller.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na renovación da liña de media tensión subterránea (LMTS) TR0710 ao longo da rúa Vía Norte en Vigo, mediante as seguintes actuacións:

Déixanse sen servizo os tramos TRO7100638, TRO7100641, TR07100633 e TRO7100651 entre os centros de transformación Fátima (36C871) e Vía Norte 2 (36S865).

Déixase sen servizo o tramo TRO7070740 entre o centro de seccionamento Clínica Fátima (36S865) e o tramo TRO7070750.

Déixanse sen servizo os tramos TRO7070746, TRO7070745, TR07070755 e TRO7070753 entre o centro de seccionamento Clínica Fátima (36S865) e o tramo TRO7070737.

Déixase sen servizo o tramo TRO7100634 entre os centros de transformación Vía Norte 2 (36S865) e Vía Norte (36S863).

Instalación dunha nova liña de media tensión subterránea de 1.319 metros en condutor RHZ1.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, ADIF, a Demarcación de Estradas do Estado e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por ADIF, o Concello de Vigo e o Servizo do Patrimonio Cultural.

A Demarcación de Estradas do Estado non emitiu o condicionado técnico. En consecuencia, enténdese a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, en cinco actuacións. A primeira actuación é de 4 metros, con orixe no empalme coa LMTS TRO7100657, na arqueta existente na rúa Vía Norte, á altura do nº 17, e final no centro de transformación Fátima (36C871). A segunda é de 261 metros, con orixe no centro de transformación Fátima (36C871) e final no centro de transformación Vía Norte 2 (36S865). A terceira é de 33 metros, con orixe no empalme coa LMTS TRO7070750, na arqueta existente na rúa Vía Norte, á altura do nº 50; final no centro de seccionamento Clínica Fátima (36S865). A cuarta é de 645 metros, con orixe no centro de seccionamento Clínica Fátima (36S865) e final no empalme coa LMTS TRO7070737, na arqueta existente na rúa Urzaiz, á altura do nº 65. A quinta é de 376 metros, con orixe no centro de transformación Vía Norte 2 36S865 e final no centro de transformación Vía Norte 1 (36S863).

A instalación está situada nas rúas Vía Norte e Urzaiz, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución LMTS TRO710 entre CD Clínica Fátima e CD Ramón Aller, expediente IN407A 2022/358-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra