Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/171-1).

Expediente: IN407A 2023/171-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma en CT Casa Blanca (15CI18).

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos.

1. O día 27.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado Reforma en CT Casa Blanca (15CI18), con potencia legalizada de 400 KVA (expediente AT 50830), alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT SNT838, procedente da subestación Santiago e situado na rúa da Rosa, concello de Santiago de Compostela. O obxecto da reforma é substituír as celas e o transformador existentes no dito centro de transformación, xa que rematou a súa vida útil. Así, proxéctase substituír o transformador por outro de 630 kVA e as celas por unhas prefabricadas compactas, ademais de reformar a acometida soterrada actual e realizar unha nova bancada.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende a seguinte documentación:

– Proxecto de execución denominado Reforma en CT Casa Blanca (15CI18), asinado o 24.2.2023 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, colexiado núm. 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. En relación cos artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, dado que o proxecto non afecta a administracións, organismos nin empresas de servizo público nin de servizos de interese xeral, a empresa promotora non presenta separatas.

4. O día 1.6.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1) O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98 do 25 de maio).

2) A lexislación aplicable neste expediente é a seguinte:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3) As instalacións atópanse na rúa da Rosa, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

Reforma do CT Casablanca (15CI18, expediente 50.830) de 400 kVA existente, consistente en:

– Substitución das celas existentes por celas prefabricadas telecontroladas en SF6 en configuración 2L1P.

– Ampliación de potencia de trafo de 400 KVA a 630 KVA.

– Reforma da acometida actual en media tensión subterránea en cable illado RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) para conexión pola bancada actual de cables E/S en novas celas.

– Construción de bancada de obra civil para acometida de cables e foxo para recollida de aceite debaixo do trafo.

4) No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude acompañada da seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña