Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807, no concello de Nigrán, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/046-4).

A instalación denominada LMTA e substitución apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 27 de febreiro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de agosto de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentarse nos seus predios, e informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 9 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTA e substitución apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

1

54035A075001450000HU

Emilio Pereira Merlo

1

14,42

11,1

133,02

2

54035A075003210000HF

Gloria Comesaña Álvarez

8,81

3

54035A075001500000HW

Pablo Sestelo Troncoso

26,24

4

54035A075001510000HA

Antonio Rodríguez Vidal

8,33