Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2023/163-1).

Expediente: IN407A 2023/163-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Pedreira.

Termo municipal: Santiso.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15080A018028250000UQ sita no lugar de Zarra de Arriba, do apoio núm. D16-18-A37 (matrícula: AWXC2GM3) de formigón tipo AM-ANG-HV-1000/13-CR1-CAI, pertencente á arquitectura do treito da liña MEL-704 autorizado no expediente 52.488, consistente na instalación dun paso aéreo-subterráneo (PA/S), dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control e de forrado illado antiescalo.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (una de reserva), que se instalará na parcela con referencia catastral 15080A505011680000YT sita no lugar de Pedreira.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 937 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-subterráneo (PA/S) que se vai instalar no apoio núm. D16-A-A37 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Pena Posta (expediente 52.488 / matrícula: 15A006), que resultará parcialmente descargado, mediante da instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 340 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes e na instalación de 14 metros de condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) en substitución do actual condutor tipo RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Pedreira

Relación de bens e dereitos afectados - concello de Santiso

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Manuel Varela Varela

15080A505011680000YT

Polígono 505,

parcela 1168

Pedreira

CT

e beirarrúa perimetral

14,97

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías