Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN407A 2022/194-1).

Expediente: IN407A 2022/194-1

Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMT zona Olas.

Concellos: Mesía e Ordes.

Feitos

1. O día 10.6.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado Adecuación LMT zona Olas, co obxecto de conectar as liñas de distribución de media tensión, localizadas na parroquia de San Lourenzo de Olas, concello de Mesía, LMT, CT e RBT Busto (IN407A 2016/429-1, exped. orixinal 50.780), LMT, CT e RBT Queiroa (IN407A 2015/540-1, exped. orixinal 51.319), LMT, CT e RBT Soutelo (IN407A 2015/503-1, exped. orixinal 51.319), LMT, CT e RBT Carballal (IN407A 2015/502-1, exped. orixinal 51.319), LMT, CT e RBT Xiao (IN407A 2016/1833-1, exped. orixinal 51.319), á rede de distribución en media tensión de UDESA (resolución de transmisión de titularidade do 21.12.2016). Proxéctase a reforma das citadas liñas.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende a seguinte documentación:

– 1. Proxecto de execución denominado Adecuación LMT zona Olas, asinado por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.233, o 30.5.2022, con nº de visado 1365/22-CO, do 30.5.2022 .

– 2. Anexo 1, asinado polo dito enxeñeiro o 03.1.2023.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA) presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Mesía, Concello de Ordes, Augas de Galicia, Patrimonio Natural, REE e Telefónica. UDESA manifestou a súa conformidade cos condicionados que foron emitidos, iso é, Concello de Mesía, Concello de Ordes, Patrimonio Natural e Telefónica).

4. O día 29.5.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1) O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2) A lexislación aplicable neste expediente é a seguinte:

• A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3) As instalacións atópanse na parroquia de San Lourenzo de Olas, no concello de Mesía e Ordes, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Reforma LMT a CT Busto: proxéctase a desmontaxe do treito de liña entre a liña de media tensión CES707 (exped. 50.902), propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., e o CT Busto, en condutor nu de tipo LA-30, nunha lonxitude de 765 metros, o CT Busto pasará a alimentarse desde a liña LMT Visantoña IV (IN407A 05/461), propiedade de UDESA. Proxéctase ademais a substitución do condutor existente nu de tipo LA-30, por novo condutor tamén nu de tipo LA-56, e é necesaria a substitución dun apoio de formigón e dous metálicos por resultar de esforzo e/ou altura insuficiente para as condicións actuais da liña. O treito de liña para reformar terá o seu inicio no apoio nº 15 existente de tipo C-18/2000 da LMT aérea Visantoña IV (IN407A 05/461) e finalizará no CT Busto (IN407A 2016/429-1), e será a lonxitude do treito de liña de 823 metros.

– Reforma LMT a CT Queiroa: o CT Queiroa pasará a alimentarse desde a liña LMT Visantoña IV (IN407A 2005/461-1), propiedade de UDESA. Proxéctase a substitución do condutor existente nu de tipo LA-30 por novo condutor tamén nu de tipo LA-56, e será necesaria a substitución de dous apoios de formigón por resultar de esforzo e/ou altura insuficientes para as condicións actuais da liña. O treito de liña para reformar terá o seu inicio no apoio nº 15 existente de tipo C-18/2000 da LMT aérea Visantoña IV (IN407A 2005/461-1) e finalizará no CT Queiroa (IN407A 2015/540-1). A lonxitude do treito de liña será de 852 metros.

– Reforma LMT a CT Carballal (Olas): o CT Carballal (Olas) pasará a alimentarse desde a liña Eixe Cimadevila-Rabal (IN407A 2009/303-1), propiedade de UDESA. Proxéctase a substitución do condutor existente nu de tipo LA-30, por novo condutor tamén nu de tipo LA-56, que se tenderá sobre os apoios existentes. O treito de liña para reformar terá o seu inicio no apoio nº 31 existente de tipo HVH-17/2500 da LMT aérea eixe Cimadevila-Rabal (IN407A 2009/303-1) e finalizará no CT Carballal (Olas) (IN407A 2015/502-1). A lonxitude do treito de liña é de 766 metros.

– Reforma LMT a CT Corredoiras (Xiao): o CT Corredoiras (Xiao) pasará a alimentarse desde a liña Eixe Cimadevila-Rabal (IN407A 2009/303-1), propiedade de UDESA. Proxéctase a substitución do condutor existente nu de tipo LA-30 por novo condutor tamén nu de tipo LA-56, será necesaria a substitución de dous apoios de formigón e un metálico por resultar de esforzo e/ou altura insuficientes para as condicións actuais da liña. Neste treito tamén se realizará unha pequena variante para afastar a liña dunha edificación de recente construción. O treito de liña para reformar terá o seu inicio no apoio nº 31 existente de tipo HVH-17/2500 da LMT aérea Eixe Cimadevila-Rabal (IN407A 2009/303-1) e finalizará no CT Corredoiras (Xiao) (IN407A 2016/1833-1). A lonxitude do treito de liña é de 1.584 metros.

– LMT a CT Soutelo: o CT Soutelo pasará a alimentarse desde a liña Eixe Cimadevila-Rabal (IN407A 2009/303-1), propiedade de UDESA. Esta liña, en condutor nu de tipo LA-56 de 86 metros de lonxitude, non se modifica respecto ao seu estado actual.

4) No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude acompañada da seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial das relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña