Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Corgo (expediente IN407A 2023/58-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: nova LMTA para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie (CTI) de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400-230 V, para instalar sobre o apoio proxectado número 116-5-1. Desmantelamento do CT Sabarei-27AL67 100 kVA existente no apoio 116-5 da LMTA SAR813, no cal se instalarán seccionadores XS.

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, de 10 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, con orixe no apoio existente número 116-5 da LMTA SAR 813 e remate no apoio número 116-5-1 proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, de 2.049 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, con orixe no apoio existente número 141-36 da LMTA LUG801 e remate no apoio número 116-5 da LMTA SAR 813. Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio número 14 desta liña.

– Desmantelamento do reconectador telecontrolado existente no apoio número 141-4 da LMTA LUG801, no cal se instalará un interruptor telecontrolado. Desmontaxe dos seccionadores XS existentes no apoio número 141-44 da LMTA LUG801 e instalación dun reconectador telecontrolado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as 9.00 da mañá e as 14.00 h, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/o-corgo-2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 ,do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Nova LMTA para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo).

Concello: O Corgo (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-58-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio nº

Sup. (m²)

ml. aér.

m2 aér.

1

105

27

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

7.0

118.0

2

105

26

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

1

2.0

6.0

103.0

3

105

58

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

1.0

31.0

4

105

59

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

10.0

128.0

5

105

60

O Novo

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

12.0

186.0

6

105

61

O Novo

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

13.0

202.0

7

105

62

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

11.0

173.0

8

105

63

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

9.0

140.0

9

105

64

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

8.0

127.0

10

105

65

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

10.0

162.0

11

105

66

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

13.0

202.0

12

105

67

Casa

Monte alto

José Luis Lodeiro López

11.0

181.0

13

105

68

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/ Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

2

2.0

32.0

529.0

15

105

72

Agor de Arriba

Prado

Hros. de José Castro Castro

3, 4, 5

6.0

696.0

6.114.0

16

106

83

Cortiña

Monte alto

Hros. de José Castro Castro

6

2.0

304.0

4.857.0

17

106

100

Monte de Sabarei

Monte alto

Descoñecido/a

7 (1/2)

1.0

3.0

72.0

20

106

103

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido/a

9.0

142.0

21

106

104

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido/a

9.0

140.0

22

106

105

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido/a

7.0

116.0

23

106

106

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido/a

13.0

208.0

24

106

107

Baixo de
Carretero

Monte alto

José Antonio Ferreiro Palacios

11.0

174.0

32

106

115

Monte de Baixo

Monte alto

Descoñecido/a

8 (1/2)

1.0

8.0

128.0

35

106

118

Monte de
Baixo

Monte alto

Descoñecido/a

10.0

159.0

41

106

24

Monte de
Baixo

Monte alto

Carlos Fernández Álvarez

21.0

334.0

44

106

47

Lama Cabalar

Prado

Jaime García Valcárcel

9

2.0

67.0

1.082.0