Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2023/157-1).

Expediente: IN407A 2023/157-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Lubre.

Concello: Ares.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña VDC-712 autorizado no expediente 27.269, de 222 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios núm. 77 (matrícula: AMU4UKH3) de formigón tipo AM-AL-Cr. recta e núm. 78 (matrícula: AMPKPDTQ) de formigón tipo AM-AL-Cr. recta, consistente en:

– Instalación, proxectada de xeito intercalado entre os apoios núm. 78 e núm. 79 anteriores, na parcela con referencia catastral 15004A021006520000YU, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS) no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), nos vans da VDC-712 anterior e posterior ao novo apoio proxectado, de 138 e 84 metros de lonxitude, respectivamente.

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15004A020002260000YU.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 1.123 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) a instalar no novo apoio metálico proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente, mediante a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 16 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente a realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente e a instalación de 43 metros de condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) en substitución do condutor existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partires do día seguinte ao da derradeira publicación deste Acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 8 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT Lubre.

Concello: Ares.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15004A021006520000YU

Polígono 21, parcela 652

Roza

Novo apoio metálico

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Descoñecido

15004A020002260000YU

Polígono 20, parcela 226

Chousa de Vigo

CT e acceso

21,77

Rústico. Agrario.

Matogueira