Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2023/51-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38. 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios existentes de formigón núm. BSE65IF5//17, BSDNNR61//18 e BSD781VQ//19 da LAMT MOF809 Regueiro 9 por dous novos apoios metálicos de tipo S-AL-C-1000-14 e outro de tipo S-AL-C-2000-16. Substitución das crucetas existentes dos apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 por crucetas de tipo H-35 e C-2.

– Retensado do condutor LA-110 do treito da LAMT MOF809 Regueiro 9, comprendido entre o apoios existentes núm. BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20, cunha lonxitude de 642 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/monforte-de-lemos

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo).

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-51-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

1

99

461

Lameiros

Monte baixo

Descoñecido

BSE65IF 5//17

2.0

2

5

122

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSDNNR 61//18

2.0

3

5

130

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSD781 VQ//19

2.0