Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2023/161-1).

Expediente: IN407A 2023/161-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Sebe.

Termo municipal: Teo.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo a súa actual situación, do apoio núm. 19-4 de formigón tipo HV-400/13-CR1, pertencente á arquitectura do treito da liña SNT-813 autorizado no expediente 51.653, consistente na instalación de elementos de manobra e protección tipo XS, dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e de forrado illado antiescalada.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se instalará na parcela con referencia catastral 15083A515016090000KF.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.010 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 150 mm2 Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S), que se instalará no apoio núm. 19-4 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polos CT Catro Camiños (expediente 52.055/matrícula: 15CG82) e Álamos (expediente IN407A 1998/398-1/matrícula: 15CKL8), que resultarán parcialmente descargados, mediante a instalación de tres (3) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 771 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizarán nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes e na instalación de 268 metros de condutor tipo RZ 3(1 x 95/54,6 mm2 Al/Alm) que substituirán 238 metros da rede aérea de baixa tensión existente en condutores tipo RZ 3(1 x 25/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1 x 50/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTS, CTC e RBT Sebe

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Teo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Josefa Camino Blanco

15083A515016090000KF

Polígono 515,

parcela 1609

Sebe

PA/S + CT e acceso

52

4

10

Monte baixo