Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/154-1).

Expediente: IN407A 2023/154-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Borreiros.

Concello: Abegondo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña RAL-703 rexistrada no expediente IN407A 2016/2324-1, de 217 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 97-47 (matrícula: AL32AI64), de formigón tipo AM-AN-Cr. recta, e nº 97-49 (matrícula: AL6GA5CE), de formigón tipo S-AL-Cr. Bóveda, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15001C508006000000RY, sita no lugar do Penedo, do apoio nº 97-48 (matrícula: AL52DRXK) de formigón tipo AL-HV-250/11-CR, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA (CS) en que se proxecta a instalación dunha cruceta para derivación.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da liña RAL-703 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 123 e 94 metros de lonxitude, respectivamente.

Instalación de LMT aérea a 15 kV, de 31 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre dous (2) apoios, coa orixe no novo apoio nº 97-48 proxectado e remate no novo apoio que se identificará co nº 97-48-1 metálico de celosía tipo FL-C-1000/14-H35-CA (CS) para instalar na parcela con referencia catastral 15001C508006000000RY, no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15001C508006430001TP, sita no lugar de Borreiros-Souto do Val (concello de Abegondo).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 516 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no apoio nº 97-48-1 da nova liña aérea e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT A. Wais Penedo (expediente 26.061/matrícula: 15A812), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2 × 50 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 × 240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Borreiros

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Abegondo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT / nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Gómez Bujía

15001C508006000000RY polígono 508, parcela 600

O Penedo

Novos apoios

nº 97-48

e nº 97-48-1

(PA/S+ITC)

4

31

468

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Descoñecido

15001C508006430001TP polígono 508, parcela 643

O Petón

CT e acceso

17,92

Labor ou labradío de secaño