Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40409

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 20 de xuño de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa Apolonia-Crea Natura, de Santiago de Compostela (A Coruña).

A titularidade do centro privado (CPR) Santa Apolonia-Crea Natura, de Santiago de Compostela, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Guía no medio natural e de tempo libre, e a supresión do ciclo medio Cociña e Gastronomía.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o ciclo formativo de grao medio (CM) Guía no medio natural e de tempo libre e suprimir o ciclo medio Cociña e Gastronomía, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Santa Apolonia-Crea Natura.

Código: 15025116.

Enderezo: A Poza Real, 5.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 2 unidades da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e 2 unidades da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS), modalidade presencial:

• 1 CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Audioloxía protésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Hixiene bucodental (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Laboratorio clínico e biomédico (2 unidades, 22 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Ortoprótese e produtos de apoio (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Próteses dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

c) Modalidade a distancia e/ou semipresencial:

• 1 CS Administración e finanzas.

• 1 CS Audioloxía protésica.

• 1 CS Hixiene bucodental.

• 1 CS Ortopróteses e produtos de apoio.

Educación para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

– Bacharelato: modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos ditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades