Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40406

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de xuño de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado Malvedo, de Coles (Ourense).

A representación da titularidade do CPR Malvedo, de Coles, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de Formación Profesional Básica (FPB) Informática e comunicacións, tamén solicita a supresión do segundo ciclo de Educación infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para suprimir o segundo ciclo de educación infantil e autorizar a FPB Informática e comunicacións, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación: CPR Malvedo.

Código: 32016731.

Domicilio: Malvedo, s/n.

Localidade: Coles.

Concello: Coles.

Provincia: Ourense.

Titular: Colegio Concepción Arenal Malvedo, S.L.

Composición resultante:

Réxime ordinario, modalidade presencial:

a) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

b) Bacharelato: 6 unidades, das seguintes modalidades:

• Ciencias e Tecnoloxía.

• Humanidades e Ciencias Sociais.

• Xeral.

c) Formación Profesional Básica (FPB) Informática e comunicacións (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia e o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades