Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40285

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, denominado oficial maior do Concello da Coruña.

O Concello da Coruña aprobou as bases e a convocatoria para a cobertura, polo sistema de libre designación, do posto de traballo denominado oficial maior do Concello da Coruña, reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, que remitiu á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e posterior envío ao Ministerio de Facenda e Función Pública para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

De acordo coa proposta do subdirector xeral de Réxime Xurídico Local, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 29.3.g) do Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,

RESOLVO:

Dar publicidade da convocatoria e das bases que rexerán esta, recollidas como anexo a esta resolución, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional que se indica a seguir:

Corporación: Concello da Coruña.

Posto: oficial maior.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Nivel complemento destino: 30.

Complemento específico anual: 46.688,32 euros.

Coñecemento da lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local

ANEXO

Bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, do posto de oficial maior do Concello da Coruña

Primeira. Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a provisión, polo sistema de libre designación, previsto nos artigos 45 e 46 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e nos artigos 19, 36 e 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de oficial maior do Concello da Coruña.

Segunda. Características do posto de traballo

– Corporación: Concello da Coruña.

– Denominación e clase do posto: oficial maior, subescala de secretaría, clase primeira, categoría superior.

– Nivel de complemento de destino: nivel 30.

– Complemento específico anual: 46.688,32 euros.

Terceira. Requisitos para o seu desempeño

Conforme o establecido na relación de postos de traballo do Concello da Coruña (BOP do 19 de agosto de 2020) e no Regulamento orgánico municipal (BOP do 13 de decembro de 2004), será requisito indispensable para concorrer a esta convocatoria e poder desenvolver o posto estar integrado na escala de funcionarios de habilitación de carácter nacional, subescala secretaría, categoría superior.

Para o cumprimento do establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento da lingua galega nos procedementos de provisión de postos de traballo reservados a habilitados de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes deberán acreditar, mediante a presentación coa solicitude de participación nesta convocatoria, estaren en posesión do certificado de lingua galega Celga 4 ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Aquelas persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán realizar unha proba, de carácter eliminatorio, na cal se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento do galego, que deberá ser equivalente ao exixido para o Celga 4.

Para este supostos, o/a alcalde/sa encomendará a realización da mencionada proba a dous técnicos especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Non poderá concorrer a esta convocatoria o persoal funcionario que se encontre comprendido nos seguintes supostos previstos no artigo 36.2 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional:

a) Os/as funcionarios/as inhabilitados/as e os/as suspensos/as en virtude de sentenza ou resolución administrativa firme, se non transcorrese o tempo sinalado nelas de suspensión.

b) Os/as funcionarios/as destituídos/as, a postos da Corporación onde se produciu a sanción, se non transcorrese o prazo establecido nela.

c) Os/as funcionarios/as nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 89.1.a) e b) do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o pase a elas.

Cuarta. Publicación no DOG

A convocatoria será remitida ao órgano competente da Xunta de Galicia (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes-Dirección Xeral de Administración Local) para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remisión á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 46.2 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Quinta. Solicitudes

As solicitudes de participación presentaranse no modelo establecido, preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello (https://sede.coruna.gob.es). Poderán presentarse tamén en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será de quice (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 46.3 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Xunto coa solicitude, as persoas aspirantes achegarán o seu curriculum vitae, no cal constarán, entre outros datos, os anos de servizos, os postos de traballo desempeñados na Administración pública, estudos e cursos realizados, coñecemento da lingua galega, que deberán acreditar mediante certificación ou copia compulsada do título. Ademais, as persoas solicitantes indicarán a situación administrativa en que se encontren, así como o seu destino.

Así mesmo, prestarán declaración xurada de reunir os requisitos legais para participar nésta convocatoria, así como aqueloutros méritos que crean oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

Sexta. Resolución e nomeamento

Rematado o prazo de presentación de instancias, o/a alcalde/sa, logo de constatación dos requisitos exixidos na convocatoria, e á vista da traxectoria profesional e dos méritos acreditados polas persoas aspirantes, adoptará o acordo de provisión correspondente, no prazo dun mes, e dará conta ao Pleno da Corporación.

O posto deberá ser adxudicado entre os candidatos que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. En todo caso, deberá quedar acreditada, como fundamento da resolución acordada, a observancia do procedemento legalmente establecido.

Do acordo de adxudicación darase traslado á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Administración Local). Así mesmo, o acordo remitirase á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para a súa publicación no BOE.

Sétima. Prazo de toma de posesión

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se o destino anterior radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo da persoa funcionaria, conforme as previsións recollidas no artigo 41 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Oitava. Réxime de impugnación

Contra o acordo de aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o/a alcalde/sa, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que xulguen procedente.