Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40290

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 21 de xuño de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes anunciada pola Orde do 3 de abril de 2023.

Mediante a Orde do 3 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 13 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta vicepresidencia segunda e consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, con observancia do procedemento debido, a convocatoria pública efectuada mediante a Orde do 3 de abril de 2023 e adxudicarlles ás persoas funcionarias de carreira indicadas no anexo os postos que tamén se especifican, vistas as propostas-informes das persoas titulares dos centros directivos a que están adscritos os postos convocados sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes e considerando que cumpren cos requisitos e especificacións que para os postos se exixen na relación de postos de traballo e, por tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no destino actual efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase efectuar no prazo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Vicepresidenta segunda e conselleira
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome: Montouto González, Jesús.

NRP/DNI: ******9946 A3051.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo e/ou escala: escala de Administración xeral, subescala técnica (Admón. local).

Código do posto: MA.C99.10.000.27001.002.

Denominación: xefe/a territorial.

Nivel: 28.

Centro de destino: Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Gómez Brandariz, José David.

NRP/DNI: ******3368 A2068.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo e/ou escala: corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade bioloxía.

Código do posto: MA.C99.10.002.15001.001.

Denominación: Xefatura Servizo Patrimonio Natural.

Nivel: 28.

Centro de destino: Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña.

Localidade: A Coruña.

* O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.