Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Banzas, sito nos concellos de Outes, Mazaricos e Negreira (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2017/0015).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Green Capital Power, S.L. en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do parque eólico Banzas, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.10.2017, Green Capital Power, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Banzas, sito nos concellos de Outes, Mazaricos e Negreira (A Coruña).

Segundo. O 5.2.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificoulle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009). O 9.2.2018, a promotora achegou o xustificante do pagamento das taxas correspondentes a autorización administrativa de parques eólicos, de acordo co artigo 33.3 da Lei 8/2009.

Terceiro. O 8.10.2019, a promotora solicitou unha modificación substancial do proxecto do parque eólico, consistente na redución do número de aeroxeradores e no desprazamento das súas posicións, así como no desprazamento da torre meteorolóxica e da subestación. O 14.1.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificacións substancial.

Cuarto. O 7.2.2020, esta dirección xeral solicitou os informes recollidos nos artigos 33.4 e 33.5 (da versión anterior á última modificación da lei conforme a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia) ao órgano ambiental e ao órgano competente en materia de territorio.

Quinto. O 12.3.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu o informe de referencia do artigo 33.4 da Lei 8/2009, en que indica o procedemento ambiental que hai que seguir e os organismos que se deben consultar durante a fase de información pública.

Sexto. O 13.5.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se indica que o proxecto do parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

Sétimo. O 4.9.2020, esta dirección xeral remitiulle a documentación do proxecto do parque eólico Banzas á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (en diante, Xefatura Territorial) para a continuación da tramitación.

Oitavo. Mediante o Acordo do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2017/0015).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 13.11.2020 e no xornal La Voz de Galicia do 13.11.2020. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Mazaricos, Negreira e Outes), e nas dependencias da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xefatura Territorial da Coruña e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Asemade, a dita resolución estivo exposta no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Noveno. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no punto 12 do artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, Cellnex Telecom, S.A. (Retevisión I, S.A.U.), Concello de Mazaricos, Concello de Negreira, Concello de Outes, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia, Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, Dirección Xeral de Telecomunicacións, Unión Fenosa Distribución.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia emitiu informe o 23.12.2020, Retegal emitiu informe o 2.12.2020, a Dirección Xeral de Telecomunicacións emitiu informe o 23.12.2021, a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe o 19.11.2020, Retevisión emitiu informe o 22.12.2020 e o 1.3.2021 e a empresa de distribución eléctrica UFD emitiu informe o 23.11.2020.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Respecto do resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo. En resposta aos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e do Instituto de Estudos do Territorio, a promotora elaborou o documento Addenda ao proxecto eólico Banzas, asinado o 9.8.2021.

O 25.10.2021, esta dirección xeral deu traslado da citada addenda á xefatura territorial, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos a que fai referencia o artigo 31.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo primeiro. O 17.2.2022, rematados os trámites de información pública, audiencia e consultas ás administracións públicas afectas, a Xefatura Territorial solicitoulle a documentación definitiva adaptada de acordo co artigo 33.15 da Lei 8/2009.

Décimo segundo. O 4.3.2022 e 1.4.2022, presentou ante a Xefatura Territorial os documentos definitivos.

Décimo terceiro. O 4.4.2022, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe sobre o proxecto refundido do parque eólico, en que emite informe técnico favorable, para os efectos do disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, no relativo á normativa de instalacións industrias e eléctricas.

Décimo cuarto. O 27.4.2022, a xefatura territorial remitiu o expediente á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo quinto. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello de Mazaricos, Concello de Negreira e Concello de Outes.

Décimo sexto. Cumprida a tramitación ambiental, o 18.11.2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 21 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña) (expediente 2018/0042) – (DOG núm. 232, do 7.12.2022).

Décimo sétimo. O 27.1.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle a promotora a documentación técnica refundida resultante como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.

Décimo oitavo. O 2.2.2023, Green Capital Power, S.L. presentou declaración en que indica que, con data do 4.3.2022 e núm. de rexistro 2022/50815, a empresa presentou ante o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña o proxecto de execución refundido. O citado proxecto está recollido no antecedente de feito décimo segundo e xa conta con informe técnico favorable, tal e como se recolle no antecedente de feito décimo terceiro.

Asemade, a empresa achegou novas separatas para os concellos de Outes, Negreira e Mazaricos, así como para UFD, Dirección Xeral de Telecomunicacións. Así mesmo, o 10.4.2023 declarou responsablemente que os cambios de configuración do proxecto non varían as afección sobre a Deputación da Coruña, Augas de Galicia, Retevisión, Retegal e a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional.

Décimo noveno. O 16.2.2023, esta dirección xeral remitiu, de acordo co establecido no punto 12 do artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundido do parque eólico achegadas pola promotora o 2.2.2023 aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A., Dirección Xeral de Telecomunicacións, Concello de Mazaricos, Concello de Negreira e Concello de Outes.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos:

Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A. o 21.2.2023 e a Dirección Xeral de Telecomunicacións o 6.3.2023.

O 12.4.2023, a promotora mostrou a súa conformidade a estes condicionados.

Respecto do resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Vixésimo. O 15.3.2023, esta dirección xeral requiriulle á Xefatura Territorial da Coruña aclaración do informe técnico do 4.4.2022 e do informe da solicitude de autorización administrativa da instalación de produción do 25.4.2022. O 21.3.2023, a Xefatura Territorial da Coruña presentou a aclaración solicitada.

Vixésimo primeiro. O 15.3.2023, esta dirección xeral requiriulle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático aclaración da DIA. O 30.3.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático remitiu corrección de erros da DIA.

Vixésimo segundo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 38,12 MW, segundo os informes do xestor da rede do 14.6.2019 e 23.4.2020.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), no Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demáis normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, o 28.3.2023 a Xefatura Territorial remitiu informe complementario de tramitación en que se recolle a resposta a estas, o cal se incorpora textualmente a esta resolución:

«a) A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o “mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I”. O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as “instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental”.

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban prever os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas. O proxecto do parque eólico conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 5 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna, entre eles os parque eólicos PE Outes e Corzán, en funcionamento, así como os PE Outes, Alvite, Alvite II, A Picota e San Cosmeiro, en tramitación, e as súas liñas de evacuación.

Cómpre sinalar que nada impide, dende o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que “... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede”.

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, “ non se podería dar un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais”.

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, pois reduce as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

b) En relación co órgano competente para resolver este procedemento, remítese ao exposto no fundamento de dereito número un. Asemade, indícase que, de acordo co artigo 3 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, corresponde á Administración xeral do Estado a competencia de autorizar instalacións peninsulares de produción de enerxía eléctrica, incluíndo as súas infraestruturas de evacuación, cando a potencia eléctrica instalada é superior a 50 MW eléctricos.

c) No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, hai que indicar que estas cuestións foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.11.2022, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, do Patrimonio Natural, de Emerxencias e Interior, do Instituto de Estudos do Territorio, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Axencia de Turismo de Galicia e Augas de Galicia.

d) En relación coa afección ao medio hídrico, o organismo Augas de Galicia emitiu informe favorable, o 23.12.2020, sempre que se teñan en conta diversas consideracións feitas no dito informe. Durante os procesos de execución dos traballos de desenvolvemento e implantación da actuación proposta, de cara á non afección ao dominio público hidráulico, deberán observarse as directrices sinaladas no informe, así como as indicadas nos documentos sometidos a informe.

e) No expediente constan informes da Dirección Xeral de Saúde Pública do 27.1.2022, 22.2.2022, 23.3.2022 e 29.4.2022, no sentido de que se debe considerar a opción de paradas técnicas de determinados aeroxeradores para limitar o efecto do “pestanexo de sombras” que se realizan, consideracións que xulgan satisfeitos os requisitos exixibles sobre os posibles impactos que puidesen ter unha repercusión na saúde humana.

f) No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes informou, o 11.12.2020: que a obra afecta o monte veciñal en man común Cotro e Canle de Penedo. Respecto á afección a este monte veciñal en man común, é necesario lembrar que se trata de terreos que forman parte dun ben indivisible, inalienable, imprescritible e inembargable. De acordo co artigo 6 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, no caso de que sexa necesario expropiar estes terreos sería preciso declarar previamente a prevalencia da utilidade pública ou interese social do novo equipamento público fronte ao interese do propio monte veciñal. A empresa promotora e a comunidade propietaria do monte veciñal poden asinar de común acordo un acto de disposición (cesión, ocupación ou dereito de superficie) que non obrigue á expropiación das superficies afectadas.

Prevense afeccións a superficies con repoboación subvencionada que, no caso de ter que ser cortada, será preciso instruír o correspondente expediente para regularizar a axuda concedida.

g) No que respecta á afección á paisaxe, no expediente constan informes do 14.12.2020, 23.12.2021 e 14.3.2022 do Instituto de Estudos do Territorio, en que se indica que a incidencia visual sobre os núcleos próximos e o Camiño de Santiago a Fisterra non supón un impacto crítico, ben que respecto aos núcleos rurais pode ser mitigada, en parte, coa aplicación das medidas propostas no EIIP, consistentes na execución de pantallas vexetais.

h) En relación coa afección ao patrimonio cultural, a Dirección Xeral de Cultural emitiu o 22.1.2021 e 4.2.2022 informe favorable sobre a documentación presentada pola promotora, co cumprimento de determinadas condicións.

i) No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante este acordo conta co informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 13.5.2020.

j) En particular, no que respecta ás distancias a núcleos de poboación, no informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 13.5.2020, recóllese que: “..., conclúese que as súas posicións cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable”.

k) En relación co tamaño da poligonal do PE, esta é soamente unha referencia da superficie en que se sitúan as instalacións, sen que implique unha afección ao terreo nas zonas sen instalacións ou vías.

l) En relación coa falla de utilidade pública do proxecto, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, coma o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña.

m) No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, só no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

n) No caso de que a execución do proxecto afectase captacións ou instalacións de subministración de auga, a promotora deberá repoñer os servizos existentes.

o) No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que “mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei”.

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

p) Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, publicándose o acordo no DOG do 15.12.1997. Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, non se admiten, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, por se presentaren fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 28.12.2022, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Banzas, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.11.2022, e recollida no antecedente de feito décimo sexto desta resolución:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Banzas, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Banzas.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Banzas, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L., cunha potencia de 31,185 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Banzas, composto polo documento Proxecto eólico Banzas, asinado polo enxeñeiro industrial Salvador Camarasa Segura, colexiado núm. 4901 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e visado o 4.3.2022 co núm. 20220522.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: parque eólico Banzas.

Potencia instalada: 31,185 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 31,185 MW.

Produción neta: 105.510 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 105.510 h.

Concellos afectados: Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña).

Orzamento de execución por contrata: 28.894.090,59 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico a que se circunscriben as autorizacións:

Vértice

Parque eólico Banzas

(Mazaricos, Negreira e Outes)

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

UTM-X

UTM-Y

1

506.075,08

4.746.786,49

2

506.075,08

4.752.986,49

3

510.875.08

4.752.986,49

4

510.875,08

4.746.786,49

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Parque eólico Banzas (Mazaricos, Negreira e Outes)

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

UTM-X

UTM-Y

Concellos

1

508.442,08

4.751.036,49

Negreira

2

508.607,08

4.750.785,49

Negreira

3

508.721,08

4.750.473,49

Outes

4

508.784,60

4.750.118,47

Outes

5

507.454,08

4.750.657,49

Outes

6

507.655,08

4.750.446,49

Outes

7

507.831.08

4.750.126,49

Outes

8

506.931,00

4.749.804,00

Negreira

9

507.200,00

4.749.444,00

Mazaricos

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Torre meteorolóxica

Parque eólico Banzas (Mazaricos, Negreira e Outes)

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

UTM-X

UTM-Y

1

507.629,58

4.749.158,18

Coordenadas da subestación do parque eólico:

Subestación

Parque eólico Banzas (Mazaricos, Negreira e Outes)

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

UTM-X

UTM-Y

1

508.195,00

4.750.769,00

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

• 9 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variable, altura ata a buxa de 134 m e un diámetro de rotor de 132 m.

• 9 centros de transformación montados en góndola, de potencia unitaria de 3.900 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora proxectada, composta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV de diferentes seccións.

• Subestación, SET Banzas, con transformador de potencia en intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 35 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 30/132 kV e distribuída do seguinte modo:

– Parque de 132 kV en intemperie con 4 posicións de liña, 3 de entrada que virán do par-que eólico de Maragouto (IN408A 2017/21), do parque eólico Troitomil (IN408A 2017/24) e do parque eólico Alvite (IN408A 2018/32) (obxecto doutros proxectos en fase de tra-mitación), e 1 de saída e 1 posición de transformador.

– Parque de 30 kV coa seguinte configuración: 1 posición de transformador, 3 posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores, 1 para a batería de condensadores e 1 posición de transformador de servizos auxiliares.

– No edificio tamén se situará o centro de control, xunto coas comunicacións, proteccións e un transformador de servizos auxiliares de tipo seco de 250 kVA e relación de trans-formación 30/0,4 kV.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Green Capital Power, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 301.546,00 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo ao punto 4.1.2 da DIA.

5. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións a promotora deberá presentar ante a Xefatura Territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

8. No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

9. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

10. Con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

11. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

12. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

13. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

14. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 18.11.2022, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

15. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

16. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais