Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2022/321-1).

Expediente: IN407A 2022/321-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Silván.

Concello: Coristanco.

Feitos:

1. O día 5 de outubro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT Silván, coa finalidade de mellorar a calidade de subministración e coa intención de resolver as reclamacións por caídas de tensión existentes no lugar de Silván, concello de Coristanco. Dada a distancia a que se atopan os reclamantes do actual centro de transformación, CT Erbecedo (IN407A 2016/53-1, 15AKJR), cómpre instalar un centro de transformación de 160 kVA de potencia, unha liña soterrada de media tensión que o enlace coa liña de distribución de media tensión LMT CBL707B (expediente 50.148) procedente da subestación Carballo, dúas novas saídas en baixa tensión desde o futuro centro de transformación que conectarán coa rede de baixa tensión existente e un reforzo da actual rede de baixa tensión aérea da zona.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT Silván, asinado o 3.6.2022 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade, núm. colexiado 2.980 de Vigo.

– Anexo, asinado o 19.12.2022 polo mesmo enxeñeiro.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

De conformidade co artigo 46.e) da dita lei, o solicitante achegou declaración responsable en que fai constar que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remítense separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo. Estas separatas conteñen as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Solicitáronse os informes preceptivos ao Concello de Coristanco, á Deputación Provincial da Coruña, a Augas de Galicia e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade co único condicionado emitido, o do Servizo de Patrimonio Cultural.

4. O día 19.5.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a seguinte:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións encóntranse no lugar de Silván, concello de Coristanco, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 470 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio núm. 45-10 por substituír e remate no CTC proxectado. Canalización de 0,4 m de ancho e 1,00/1,20 m de profundidade.

– Retensado de tramo LMTA a 15 kV, de 266 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio núm. 9XIF52I8//45-9 existente da LMT CBL707B (expediente 50.148) procedente da subestación Carballo e remate no apoio núm. 9XC2U4JH//45-11 existente. Substitución do apoio núm. 9XFHL6M2//45-10 existente tipo HV-400/12 por un de tipo C-1000/14-H35 frecuentado e instalación de ITC e PA/S.

– CT tipo rural fin de liña de manobra exterior en envolvente prefabricada de formigón no lugar de Silván, cunha potencia de 1.600 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña