Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/217-1).

Expediente: IN407A 2022/217-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol no centro de seccionamento Luis Iglesias-15CKCH.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 5 de agosto de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dotar dun telecontrol ao centro de seccionamento CS Museo Luis Iglesias (15CKCH, IN407A 221/2012), instalado na praza pública da rúa dos Pelamios, concello de Santiago de Compostela. Proxéctase a substitución do centro de seccionamento existente por outro telecontrolado e a instalación dunha liña de media tensión soterrada que o enlazará coa liña de distribución LMT SCY812, procedente da subestación de San Caetano, así como unha liña de media tensión soterrada que conectará o centro de transformación particular CT Museo Luis Iglesias (15PKCJ) coa liña de distribución.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado instalación de telecontrol no centro de seccionamento Luis Iglesias-15CKCH, asinado o 25 de maio de 2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial, especialidade electricidade, nº colexiado 2.980 de Vigo.

– Informe asinado polo dito enxeñeiro o 21 de outubro de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remítense separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo. Estas separatas conteñen as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Solicitouse o preceptivo informe ao Concello de Santiago de Compostela, a Augas de Galicia e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos: do Concello de Santiago de Compostela e do Servizo de Patrimonio Cultural

4. O día 1 de maio de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a seguinte:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse na praza pública da rúa dos Pelamios, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Enlace do CS proxectado: LMTS a 20 kV, de 2x(18) m (E/S en CS proxectado), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe e remate na LMT SCY 812 Vite-Económicas, 12 (IN407A 221/2012) entre CT Maristas-Vista Alegre (15CD16, expediente 15.881) a CS SGAE-15CCTN.

– Enlace do CT Museo Luis Iglesias (15PKCJ) particular: LMTS a 20 kV, de 5 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x95 mm2 Al, con orixe na cela de liña de derivación telecontrolada (LMTS a CT particular Museo Luis Iglesias (15PKCJ) do CS proxectado e remate na LMTS de derivación a CT particular Museo Luis Iglesias (15PKCJ) existente.

– Novo CS Museo Luis Iglesias en configuración 3L (2 telecontroladas), para instalar nas inmediacións e na mesma parcela. Retirada do CS Museo Luis Iglesias (15CKCH, IN407A 221/2012) existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña