Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/188-1).

Expediente: IN407A 2022/188-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CS avenida do Cruceiro da Coruña, nº 103.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 8 de xuño de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado LMTS, CS avenida do Cruceiro da Coruña, nº 103, coa finalidade de atender unha solicitude de subministración eléctrica dun cliente para unha estación de puntos de recarga de vehículos eléctricos na avenida do Cruceiro da Coruña, nº 103, Santiago de Compostela. Proxéctase instalar na parcela do cliente un centro de seccionamento e unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión soterrada SCY827 (IN407A 2016/2294-1).

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS, CS avenida do Cruceiro da Coruña, nº 103, asinado o 18 de maio de 2022 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº colexiada 2.033 da Coruña.

– Anexo, asinado o 7 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro). De conformidade co artigo 46.e) da dita lei, o solicitante achegou declaración responsable de que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remítense separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo. Estas separatas conteñen as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Solicitouse informe preceptivo ao Concello de Santiago de Compostela. Non consta no expediente contestación deste organismo.

4. O día 19 de maio de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións que se atopan na avenida do Cruceiro da Coruña, nº 103, no concello de Santiago de Compostela, contan coas seguintes características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 76 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe en empalmes por realizar no punto de acceso á rede proxectado na LMTS SCY827 (IN407A 2016/2294-1) existente e remate en empalmes por realizar no punto de acceso á rede proxectado na LMTS SCY827 (IN407A 2016/2294-1), despois de facer entrada e saída no CS proxectado.

– CS compacto prefabricado, en configuración 3L (2 telecontroladas e trafo de tensión para servizos auxiliares).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña