Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2022/359-1).

Expediente: IN407A 2022/359-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Nemiña.

Concello: Muxía.

Feitos:

1. O día 7 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT Nemiña coa finalidade de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar de Nemiña-Vilela, concello de Muxía. Proxéctase a instalación dun centro de transformación de 100 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT POT806 (expediente 50.600), procedente da subestación Pontella, e dúas saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT Nemiña, asinado o 7 de setembro de 2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remítense separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo. Estas separatas conteñen as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Solicitouse o preceptivo informe ao Concello de Muxía, a Augas de Galicia e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Servizo de Patrimonio Cultural.

4.O día 18 de maio de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións, que se atopan no lugar de Nemiña-Vilela do concello de Muxía, contan coas seguintes características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 12 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 93R12NJV//28-38-A-18-11 existente tipo HV-630/11 da liña LMT POT806 (expediente 50.600), procedente da subestación Pontella, e remate no CTC proxectado.

– CT compacto prefabricado tipo rural, para instalar no lugar de Nemiña-Vilela, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña