Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de pechamento dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/047-1).

Expediente: IN407A 2023/047-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera.

Concello: Cambre.

Feitos:

1. UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF: A63222533), empresa distribuidora de enerxía eléctrica inscrita no Rexistro de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores Cualificados, sección 1ª, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo co nº R1-002, é a empresa titular da infraestrutura denominada LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera integrada na arquitectura da súa rede de distribución e rexistrada nesta xefatura territorial con antecedentes reflectidos nos expedientes 9214 e IN407A 2016/928-1.

2. O 6 de febreiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa de pechamento definitivo das instalacións descritas no proxecto de execución denominado desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera.

3. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera, subscrito por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2233 do COETI da Coruña).

4. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

5. O 15 de maio de 2023, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG  núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera, obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa de pechamento definitivo, son:

• Desmantelamento da derivada ao 15CQ30 (Prego-Tejera), coa retirada dun apoio de formigón 51-6-1 e o desmantelamento de 75 metros de condutor LA-30. Desmantelamento da cruceta de derivación instalada no apoio de entroncamento nº 51-6 da LMTA SMC701 da cal parte a derivada que se vai desmontar.

• Desmantelamento do centro de transformación tipo caseta rural convencional 15CQ30 (Prego-Tejera), coa conseguinte demolición da dita caseta.

4. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece no seu artigo 38.2 que se considerarán elementos constitutivos da rede de distribución todos aqueles activos da rede de comunicacións, proteccións, control, servizos auxiliares, terreos, edificacións e demais elementos auxiliares, eléctricos ou non, necesarios para o axeitado funcionamento das redes de distribución, incluídos os centros de control en todas as partes e elementos que afecten as instalacións de distribución.

5. No seu artigo 39.1, a dita Lei 24/2013, do 26 de decembro, dispón que o pechamento definitivo das instalacións de distribución estará sometido, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa. O procedemento para o seu outorgamento é o indicado nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa de pechamento definitivo das instalacións recollidas no proxecto desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– De conformidade co disposto no artigo 138.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, aténdese ao solicitado por UFD Distribución Electricidad, S.A., de tal xeito que as instalacións de media tensión descritas no proxecto desmontaxe LMTA2 (SMC-701) e CT 15CQ30 Prego-Tejera serán desmanteladas na súa totalidade.

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Segundo o establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– Unha vez rematado o desmantelamento, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial o levantamento da acta de pechamento da instalación para o que presentará a seguinte documentación:

a) Un certificado do/da director/a da desmontaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbera, así como das regulamentacións e normas que resulten de aplicación.

b) Xustificación e/ou certificación do tratamento dos residuos xerados no proceso de desconexión e desmonte das instalacións.

– En cumprimento do establecido no artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, as servidumes de paso de enerxía eléctrica, inherentes ás instalacións de distribución, quedarán extinguidas no momento en que sexa emitida a acta de pechamento.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña