Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica aos posibles interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV Conchas-Salas DAR AP3 (expediente IN407A 2022/208-3).

O 2 de xuño de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV Conchas-Salas DAR AP3, no termo municipal de Muíños (Ourense), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/208-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as posibles persoas interesadas en relación co predio que figura no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, por resultaren descoñecidas.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV Conchas-Salas DAR AP3.

Propietario

Datos do predio afectado

Concello

Ref. catastral

Descoñecido

1

Muíños

32052A03500699