Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38815

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Os programas de incentivos 4 e 5, vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, regúlanse polo Real decreto 477/2021, modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio, e foron convocados en Galicia pola Resolución do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG núm. 215, do 9 de novembro.

A dita resolución foi modificada pola Resolución do 9 de febreiro de 2022, co obxectivo de adaptarse aos requisitos exixidos na Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e na Orde 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que teñen que proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 234, do 30 de setembro).

O Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, distribuíu o orzamento segundo o sinalado no seu anexo V, sen prexuízo da posibilidade de ampliación. A Comunidade Autónoma de Galicia solicitou a ampliación orzamentaria que foi concedida mediante a Resolución do 10 de xuño de 2022 da Presidenta da E.P.E Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, M. P. (IDAE), e ditouse Resolución do 21 de xullo de 2022 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), pola que se aproba a ampliación e redistribución do crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do programa de incentivos 4 e 5.

Posteriormente, á vista das solicitudes presentadas no ámbito do compoñente 8 para cada programa, observouse a necesidade de solicitar ao IDAE unha redistribución do dito compoñente entre os diferentes programas, e esta foi autorizada.

En virtude de todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector modificando os números 1 e 2 do artigo 4 da Resolución do 28 de outubro de 2021, que quedará redactado do seguinte xeito:

«1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 27.006.682,00 euros.

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Importe total(€)

538.941,71

22.525.832,19

3.941.908,10

27.006.682,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.713.0, 06.A3.733A.760.8, 06.A3.733A.770.7, 06.A3.733A.780.5 e 06.A3.733A.781.7.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Estrutura por programas e por compoñentes.

Programa de actuación

Compoñente (€)

Programa de incentivos 4

Autoconsumo

Compoñente 7

20.826.684

Compoñente 8

5.209.998

Programa de incentivos 5

Almacenamento

Compoñente 8

970.000,00

Estrutura por tipo de beneficiario dentro do programa 4.

Tipoloxía de beneficiario

Compoñente

Orzamento total logo da ampliación (€)

Orzamento total (€)

Programa de Incentivos 4:

Persoas físicas e comunidades, segundo o establecido nos artigos 11.7.a) e e) do Real decreto 477/2021

Compoñente 7

13.927.050,50

26.036.682,00

Compoñente 8

4.966.938,06

Autónomos e terceiro sector, segundo o establecido nos artigos 11.7.c), d) e f)

Compoñente 7

928.470,03

Compoñente 8

143.059,94

Administración pública, segundo o establecido no artigo 17.b)

Compoñente 7

5.971.163,47

Compoñente 8

100.000,00

Esta repartición orzamentaria non poderá modificarse entre programas nin entre as categorías de autoconsumo renovable ou almacenamento, sen prexuízo das ampliacións do orzamento que poderían acordarse para cada programa ou categoría, segundo o disposto no artigo 10.10 das bases reguladoras.

Non obstante, dentro de cada programa, poderán redistribuírse os orzamentos entre as tipoloxías de beneficiarios (recollidas nas táboas anteriores) pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes».

Durante os dous meses seguintes á finalización da vixencia da convocatoria, poderá redistribuírse o orzamento nos termos recollidos no artigo 10.12 das bases reguladoras, polo que poderán tamén incorporarse, se é o caso, os remanentes correspondentes ao orzamento que non se puidese destinar ao financiamento de investimentos directos pola Comunidade Autónoma.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos nos artigos 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia