Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do 18 de abril de 2023 (expediente sancionador LU-S-21/2023).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ao interesado que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Nese mesmo acto designouse instrutora do expediente a Ana María Reimonde Martínez; os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción grave correspóndelle á persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da citada axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co disposto no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano a partir da data deste acordo.

O interesado disporá dun prazo de dez días, segundo o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non achegar alegacións no prazo establecido, se considerará este acordo como proposta de resolución, de conformidade co disposto no artigo 64.1 da dita lei.

De acordo co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase á persoa imputada de que a sanción que se indica no acordo de iniciación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: 20 % (se recoñece a súa responsabilidade ou paga voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou 40 % (se recoñece a súa responsabilidade e, ademais, paga voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Lugo, 25 de maio de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-21/23.

Denunciado: 40977130P.

Establecemento: vivenda de uso turístico.

Enderezo: rolda da Muralla, 112, 1º C.

Localidade: Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigos 35.a) e 41.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: grave.

Incoación: 18 de abril de 2023.

Sanción: multa de novecentos un euros (901 €).