Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 29 de marzo de 2023 (expediente LU-S-24/22).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da dita Lei 39/2015, o texto íntegro da resolución atópase a disposición das persoas interesadas, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida ao día seguinte do vencemento do prazo.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso dentro do devandito prazo, a sanción será firme para todos os efectos e deberá aboar o seu importe mediante o impreso normalizado que lle será facilitado nas dependencias desta área provincial. O pagamento poderá facerse efectivo en período voluntario nos seguintes prazos:

a) Se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte;

b) Se a notificación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte.

De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Lugo, 25 de maio de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-24/2022.

Denunciado: 35623245V.

Establecemento: Jet Set.

Enderezo: rúa Zepellín, núm. 1, baixo.

Localidade: Burela.

Precepto infrinxido: artigo 35.f) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: 29 de marzo de 2023.

Sanción: multa de cen euros (100 €).