Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada, sita nos concellos de San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Maceda, Vilar de Barrio e Laza, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2022/009).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións do proxecto da LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada.

Mediante a Resolución do 22 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes á LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada (expediente IN408A 2022/009), de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Vista a Sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese a información pública, durante un prazo de 30 días, o proxecto da LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada que se describe a seguir:

• Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (NIF A32259541).

• Domicilio social: rúa Circunvalación, 17, 32350 A Rúa (Ourense).

• Denominación: LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada.

• Situación: concellos de San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Maceda, Vilar de Barrio e Laza, na provincia de Ourense.

• Potencia que se vai evacuar: 49,5 MW

• Prazo de execución: 6 meses.

• Orzamento execución material: 3.845.825,54 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

X

Y

Z

Orixe liña

(ST PE Fial das Corzas)

627.604,79

4.667.510,55

1.342

Fin liña

(ST PE Treboada)

639.191,84

4.693.046,57

978

• Características técnicas recollidas no proxecto:

– Liña eléctrica aérea de 220 kV, en configuración de simple circuíto, de 37.900 m de lonxitude en condutor tipo LA 380, sobre 86 apoios de celosía metálica, con orixe na subestación ST Fial das Corzas e fin na subestación ST Treboada.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións do proxecto da LAT 220 kV ST Fial das Corzas-ST Treboada.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (visado o 19.12.2022).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (decembro 2022).

3. O proxecto de interese autonómico (visado o 16.12.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Poderase examinar toda a documentación na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 12 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense