Expediente: IN407A 2023/78-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT PMR-806-apoio 9G3I8ALD//87-1.
Termo municipal: Ribeira.
1. Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña denominada derivada ao CT A Graña (expediente 26.914) pertencente á arquitectura da liña PMR-806, de 119,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 87 (matrícula 9G49NCBM) metálico de celosía tipo AM-AG-C-2000/14-H35-CAII(CS)/H35-CAI e nº 87-2 (matrícula 9G31QJHQ) de formigón tipo AM-AL-HV-630/13-CR1-CAI(CS), consistente en:
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15074A022000100000KR cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 87, do apoio nº 87-1 (matrícula 9G3I8ALD) de formigón tipo AM-HV-250/11-B1-CSRI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CAIII no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado, composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos vans da derivada ao CT A Graña anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 67,3 e 52,1 metros de lonxitude, respectivamente.
– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS, actualmente instalados no apoio nº 87, de entroncamento co ramal da LMT PMR-806 autorizado no expediente 52.278.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 15 de maio de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Instalación de telecontrol en LMT PMR-806-apoio 9G3I8ALD//87-1
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ribeira
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea - voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
José Vidal Vidal |
15074A022000100000KR Polígono 22, parcela 10 |
Agro de Benito |
Novo apoio nº 87-1 |
2 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |