Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2023/25-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: peche de anel LMT 20 kV Muras, 2 (SE Sete Pontes) con LMT 20 kV Tronceda (SE Sete Pontes) CT Bodán (CD 6620)-CT Palleiro (CD 10422).

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 252 m en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 K Al + H16, con orixe na conversión aéreo-soterrado do apoio existente núm. 6.620 da LAT Muras, 2 e final na conversión aéreo-soterrada do apoio núm. 0 proxectado, con entrada e saída no centro de transformación proxectado Bodán.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.868 m en condutor 94-AL1/22-ST1A (LA 110), con orixe na conversión aéreo-soterrada do apoio núm. 0 proxectado e final no apoio núm. 13 proxectado en substitución do apoio núm. 216139 existente da LAT Tronceda.

– Centro de transformación (CT) prefabricado Bodán, cunha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmontaxe do CT Bodán existente instalado no apoio 6620 da LAT Muras, 2.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/vilalba

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de peche do anel LMT 20 kV Muras 2 (SE Sete Pontes) con LMT 20 kV Tronceda (SE Sete Pontes) CT Bodán (CD 6620)-CT Palleiro (CD 10422).

Concello: Vilalba.

Expediente: IN407A 2023-25-2.

Nº predio

Políg.

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Propietarios

Cultivo

Nº apoio

Sup. ocup. permanente m²

Sup.
voo m²

Sup. total afectada por voo m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. temporal m²

3

25

1371

27065A02501371

Vilar do Cainzo

Ramón Pérez Orosa

Monte alto

85

85

4

17

25

1431

27065A02501431

Vilar da Raña

Ángel Pérez Carballeira

Monte alto
Pradaría

89
35

124

24

25

1426

27065A02501426

Vilar da Raña

María Remedios Pérez López

Monte alto
Pradaría

3

2

162
156

318

33

43

25

902

27065A02500902

Porto da Loba

José Castro Cinza

Monte alto
Pradaría

257
1.210

1467

44

25

890

27065A02500890

Porto da Loba

José Primitivo Pérez Carballeira

Monte alto
Pradaría

67
5

72

47

25

885

27065A02500885

Porto da Loba

María Segunda Pérez López

Pradaría

8

2

364

364

30

55

25

1495

27065A02501495

Grazan

Herdeiro de Dositeo Yáñez Cillero, representante Ángel Yáñez Villares

Monte alto

410

410

102

58

25

874

27065A02500874

Grazan

Irene Villares Paz

Monte alto

8

8

62

25

290

27065A02500290

Rodas

María del Pilar Díaz Castro

Monte alto

173

173

9

65

25

288

27065A02500288

Rodas

Herdeiros de Antonio Fernando Yáñez Fraga

Monte alto
Pradaría

141
388

529

144

68

25

1469

27065A02501469

Palleiro

Herdeiros de Dositeo Yáñez Cillero, representante Ángel Yáñez Villares

Monte alto
Pradaría

12
11

10

152
1.769

1921

225

72

25

171

27065A02500171

Reguengo

Irene Villares Paz

Monte alto
Pradaría

13

5

34
601

635

34

73

25

172

27065A02500172

Reguengo

Eugenia Rego Villares

Pradaría

2

2

74

24

244

27065A02400244

Boaro

José Pico Gonzalez

Pradaría

4

17